Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Festival C enche Compostela

Actividades pensadas para un agosto en familia é o obxectivo do Festival C

compostela festival c 4 agosto 2026

Compostela, 04/08/2026 – Esta semana comezou o Festival C que enche Compostela de distintas actividades durante o mes de agosto. Este ano co circo como especial protagonista. O Festival C bota a andar cunha primeira semana na que a danza, o circo, a narración oral, a música e a poesía sairán ao encontro da cidadanía en distintos espazos de Santiago.

Ata o venres 7 de agosto, a programación reunirá catro espectáculos de diferentes disciplinas e o obradoiro de circo para a rapazada, consolidando desde o primeiro día a aposta do festival por achegar a creación contemporánea e as artes de rúa a públicos de todas as idades.

Circonove abre o Festival C no parque de Galeras nun espazo de iniciación ao novo circo para a nenas e nenos de entre 3 e 14 anos. A través de xogos e dinámicas participativas, as participantes poderán achegarse ás acrobacias, os malabares, os equilibrios, o clown ou a creación de xoguetes circenses, nunha actividade que fomenta o traballo en equipo e a creatividade.

As sesións, que arrancan sempre ás 11.30 horas, estarán adaptadas a dúas franxas de idade: de 6 a 14 anos o luns e venres, e de 3 a 6 anos o mércores. A participación é gratuíta, con inscrición previa a través do enderezo electrónico circonoveoficina@gmail.com , onde se deberá indicar o nome e idade da persoa participante, así como os datos de contacto da persoa adulta responsable.

A programación escénica comezou onte na Casa das Máquinas con O que non se ve. Outras miradas, de Et Suseia Danza. Hoxe ás 18.00 horas, os Arcos do parque de Bonaval acollerán Hotel Paraíso, de Galeatro, unha proposta de narración oral para público familiar dentro do programa Apego. O espectáculo convida a percorrer un hotel no que cada estancia agocha unha emoción diferente, combinando contos, música e participación do público nun espazo pensado para compartir e socializar en galego.

O Festival C traerá mañá mércores, no paseo da Ferradura da Alameda, a inauguración ás 20.00 horas do ciclo Por que non cantades todas? coa actuación do Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira.

O espectáculo reivindica o papel das mulleres do rural como creadoras e transmisoras da poesía popular oral galega, poñendo en valor un patrimonio que atravesa xeracións a través da música e da palabra.

Esta primeira semana culminará o xoves na praza da Quintana con Royal, un espectáculo de circo-danza cargado de ritmo, humor, emoción e acrobacias. A peza combina o clown poético de Arturo Cobas cos equilibrios en movemento e a danza de Paula Quintas para construír unha historia contada a través da linguaxe do corpo. Elegancia, enredos e complicidades danse cita nunha proposta fresca e chea de humor que fará rir, sorprender e emocionar a persoas de todas as idades.

Agás os obradoiros de circo, que precisan inscrición previa, todas as actividades son de acceso libre e de balde ata completar capacidade.

A información ao detalle de todos os eventos que conforman o Festival C está dispoñible na web compostelacultura . Os cambios que puidesen producirse por mor de calquera incidencia ou por causas meteorolóxicas serán anunciados nesa web e nas redes sociais de Compostela Cultura.

Post navigation

Previous: Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest
Next: Comeza o XXIII edición do Feito a Man

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.