Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Parolando con Sole Felloza, fundadora do Festival Atlántica

festival atlantica 30 xunho 2025 (2)

Falamos coa fundadora do Festival Atlántica, Sole Felloza, cando chega a súa decimo terceira edición. O que para algúns sería mala sorte para os narradores é unha oportunidade de crear algo novo arredor das emocións da xente.

O Festival Atlántica naceu case con timidez nunha terra como a galega na que os contos forman parte do seu ADN. Se engadimos todo o que implica mirar a un océano como o Atlántico, o sustrato que deixou a emigración ou esa relación tan especial coa morte, que chega ao punto de chamarlle “pasamento”, o resultado é un festival único.

Sole Felloza

Sole Felloza é contadora pero tamén é fotógrafa polo que as imaxes, literais ou narradas, son parte do que fai e dela mesma. Esta será unha edición especial tamén porque Sole estrea espectáculo no que, como ela nos conta, a fotografía tamén terá o seu espazo.

Unha das cousas que fan especial ao Festival Atlántica son os espazos nos que se celebra. Os petróglifos de Bouza Bandín en Dodro, xardíns íntimos como o do Centro Socio Cultural Maruxa e Coralia en Santiago ou este ano San Andrés de Teixido… preguntámoslle a Sole se ten algún preferido

Atlántica comezou como un pqueno proxecto que creceu ata ocupar toda Galicia. Sole di medio broma medio en serio porque non se quedaría quieta. O certo é que é o seu proxecto e o quere aínda que as veces a desborde. O que máis valora é a colaboración cos demais, coas pequenas asociacións, cos colaboradores e ps patrocinadores, é un proxecto de todo.

O Festival Atlántica sempre sorprende ao que vai por primeira vez a calquera das citas. Escoitar é algo natural para o ser humano e cando atopas a alguén que sabe contar as cousas, que ten a capacidade de emocionar coa palabra, o resultado é único; aínda que un volva a escoitar ao mesmo contador xa non será igual, será mellor ou peor pero será distinto.

Temos por diante varios días para comprobar isto que acabamos de dicir. Non os desaproveitedes e acudide ás distintas citas, non xa temos reserva feita.

Post navigation

Previous: Ames perde 120000 euros por un “despiste”
Next: Curtocircuíto volve ás rúas de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.