Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

O Festigal presenta o X Concurso Novos Valores

Os tres finalistas actuarán nun concerto e o público decidirá que banda abrirá o Festigal 2026 que se celebrará o vindeiro 24 de xullo

festigal cartel concurso 24 febreiro 2026

Compostela, 24/2/2026 – O Festigal abre a X edición do Concurso Novos Valores en busca da banda ou artista emerxente deste 2026 en Galiza. A banda gañadora actuará no escenario principal do Festigal o 24 de xullo, poñendo o punto de inicio a unha ampla programación cultural polo Día da Patria Galega.

O prazo de presentación de traballos para o X Concurso Novos Valores, unha iniciativa promovida por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, está aberto até o vindeiro 23 de marzo. O xurado do Festigal elixirá tres bandas finalistas, que serán anunciadas o 8 de abril, e que actuarán nun concerto final o 24 de abril na Sala Sónar (Santiago de Compostela) no que o público decidirá a banda ou artista gañadora. As bases poden consultarse en festi.gal.

o secretario xeral de Galiza Nova, Artai Gavilanes, explicou durante a presentación do concurso que “Vivimos un momento excepcional do panorama musical en galego, no que están xurdindo constantemente novas bandas e artistas de distintos estilos e para os que hai cada vez máis público receptor”.

Na presentación tamén participaron representantes do xurado como Lucía Veciño (Fundación Galiza Sempre), Anxo Sánchez (músico) e Claudia Quintela (DJ). Durante o acto tamén se fixo público o cartaz da X edición, obra do deseñador ferrolán Bruno Lopes Teixeiro por terceiro ano consecutivo, que recolle nunha imaxe a esencia do concurso: o orgullo pola cultura galega e o carácter combativo do certame.

Dende a comisión organizadora dos Novos Valores puxeron en valor que “a mocidade galega quere e consume cada vez máis música na nosa lingua”. Unha iniciativa que chega á súa 10ª edición demostrando a súa contribución á hora de visibilizar novas voces do panorama musical do país, con exemplos como De Ninghures, Filloas ou Ulex, entre outras.

“Levamos anos sufrindo o abandono institucional e vendo como a Xunta de Galiza gobernada polo PP marxina aos festivais que apostan pola nosa música mentres prefire destinar millóns a macrofestivais que exclúen o galego dos seus carteis”, contrapuxo o secretario xeral de Galia Nova, que cualificou o Festigal de “acto de resistencia” fronte a estas políticas e un “grito de rebeldía” en favor da lingua galega.

BASES
Acéptanse todos os estilos e correntes musicais en temas orixinais que empreguen a lingua galega nas súas letras, de grupos amadores ou profesionais. A media de idade das persoas que conformen o grupo non pode superar os 35 anos. As bases completas poden consultarse en festi.gal.

O xurado que decidirá as tres bandas finalistas estará composto por Artai Gavilanes e Alexandre Basteiro (Galiza Nova), Lucía Veciño (Fundación Galiza Sempre), Claudia Quintela (DJ), Anxo Sánchez (músico), Alberte Busto (guitarra e voz de Arrhythmia) e Hadrián García (De Ninghures).

Post navigation

Previous: Teo, todo por descubrir
Next: Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.