Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Festigal comeza cunha noite de Troula

Festigal cartel normal 20 xunho 2017_r

Compostela, 24 de xullo do 2017 –  Guadi Galego, Nao, Raiba, Os Amigos dos Músicos, Son da Rúa e Bigote Mix actuarán esta noite no Festigal, no Campus Sur de Compostela, a partir das dez da noite.

A oferta do Festigal, organizado pola Fundación Galiza Sempre, Galiza Nova e persoas voluntarias do nacionalismo galego, compleméntase cun cento de actividades para gozar da cultura galega.

A xornada do Festigal comeza cunha sesión de DJ con Bigote Mix; logo vai Son da Rúa, composto por Álex Arnoso e Hugo Guezeta, que foron os gañadores do concurso “Novos Valores”; Os Amigos dos Músicos, con folk-rock inspirado na canción protesta; Guadi Galego presentará o seu último traballo “O mundo está parado”; actuará Nao como banda de referencia do rock galego e Raiba que traerá o seu último disco “Marxinación” de rock-metal con letras reivindicativas.

Bigote Mix é o nome detrás do que se agacha cando pincha o compostelán Marcelino B. Ritmos de Cumbia, Electro, Funk Brasileiro, Kuduro, Pop, Tribal Guarachero, Corridos, Nu-Rave e Rumba amenizarán o comezo da festa.

O grupo de rap SonDaRúa resultou gañador da III edición do concurso de Novos Valores do Festigal. A súa proposta coa canción “En galego non mola”, que trata dun xeito retranqueiro a situación actual da lingua galega, foi escollida como vencedora deste certame polo xuri designado. Este grupo de rap está formado por Alex Arnoso e Hugo Guezeta. Traerán ao Festigal unha proposta de rap combativo en cuxas letras pode atoparse denuncia social da situación colonial da Galiza e das problemáticas que sofre a mocidade galega e a súa precariedade.

Os Amigos dos Músicos recollen no seu primeiro disco un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para lle daren forma a un discurso fragmentado. A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, presenta un amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces.

Guadi Galego destaca pola súa capacidade para a composición e a súa versatilidade á hora de interpretar. En 1997 entra en Berrogüetto, onde estivo 10 anos como cantante e gaiteira, con esta banda conseguiu un gran recoñecemento internacional e gravou tres discos. No ano 2005 gravou Espido, con Guillerme Fernández, no 2006 edita “Nordestin@s” xunto con Abe Rábade e Ugia Pedreira. No 2009 sae “Benzón”, o seu primeiro proxecto en solitario, aclamado pola crítica co que consegue premios ao mellor disco do ano e nominación aos premios da Música. No ano 2012 sae “aCadaCanto” proxecto intimista onde traballa unha vez máis con Guillerme Fernández e esta vez acompañada de Xabier Díaz na voz e de Xosé Lois Romero no acordeón.

Nao leva editados seis álbums de estudo ademais dun EP musical en formato de descarga dixital. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social. En 2007 publicaron o seu primeiro álbum, “As palabras espidas”. No 2010, lanzaron o seu segundo álbum, “Coas túas mans”, que foi autoeditado. A finais de 2012 comezaron un proxecto de crowfounding para publicar o seu terceiro traballo, “Cancións de amor e liberdade”, que viu a luz o 26 de febreiro de 2013. No 2014, o grupo fíxose co galardón da categoría Metal na segunda edición dos Premios Martín Códax da Música.

Formados no 2009, Raiba é unha das bandas ao vivo máis enérxicas e potentes do rock e o metal galego. A temática combativa, e por veces intimista, tórnase hoxe máis revolucionaria ca nunca co lanzamento neste 2017 do seu cuarto álbum, “Marxinación”, un disco conceptual inspirado no marxismo. Toda unha declaración de principios na que, cun xogo de palabras, denuncian a situación marxinal de Galiza con respecto aos centros de decisión e de poder. A banda está integrada por Xavi C (voz), F. Bernardini (batería), Fran J. Castro (guitarra) e B. Jarrus (baixo) e nunca permiten que o público quede quedo nos seus concertos.

Post navigation

Previous: O Plan de Emprego Xuvenil de Compostela recibe un millón e medio de fondos europeos
Next: Hoxe nas festas os Fogos do Apóstolo e dous bos concertos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.