Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

Festas sen pirotecnia en Padrón

Padrón no usará pirotecnia nas festas na época de alto risco de incendios

Padrón no usará pirotecnia nas festas na época de alto risco de incendios

Imagen de Pexels en Pixabay

Padrón, 22/06/2026 – O Concello de Padrón deixará de empregar pirotecnia durante os vindeiros meses de alto risco de incendios forestais. A decisión foi adoptada polo Executivo tendo en conta a previsión dun verán con condicións meteorolóxicas que poden incrementar o risco de propagación do lume.

O Goberno local de Padrón considera necesario minimizar todas aquelas situacións que poidan supoñer un perigo, especialmente despois do incendio rexistrado a pasada fin de semana nas parroquias de Herbón e Carcacía, que obrigou a un importante despregamento de medios de extinción e á evacuación dos veciños dalgunhas aldeas.

Concello non empregará bombas de palenque nin outros elementos pirotécnicos nas actividades festivas que se desenvolvan nos próximos meses e fai un chamamento ás comisións de festas e aos particulares para que adopten a mesma decisión.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, sinala que “as bombas de palenque e outros elementos pirotécnicos forman parte das nosas celebracións e están moi presentes na tradición festiva, pero neste momento debemos actuar con responsabilidade e poñer por diante a seguridade da veciñanza e a protección do noso patrimonio natural”.

Arca engade que “a experiencia vivida estes días co incendio de Herbón e Carcacía demostra que é preciso extremar as precaucións e reducir calquera risco evitable. A colaboración de todos e todas será fundamental para afrontar os meses de verán con maiores garantías”.

A medida poderá apreciarse xa este sábado na chegada dos barcos participantes na Ruta Xacobea do Mar de Arousa a Padrón e Pontecesures, un acto que tradicionalmente se anunciaba cunha salva de bombas e que nesta ocasión se desenvolverá sen o emprego de material pirotécnico.

Post navigation

Previous: Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso
Next:  “Música a fartar” na vila da Bandeira

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.