Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

Festas do Santiaguiño en Padrón

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño

Paseo dos santos polo casco histórico de Padrón

Padrón, 13/07/2026 –  O Concello de Padrón deu a coñecer o programa das festas do Santiaguiño do Monte 2026, que se celebrarán entre o 17 e o 25 de xullo. O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron unha programación gratuíta pensada para todos os públicos.

O III Festival Ultreia volverá ser un dos grandes atractivos das festas do Santiaguiño. A cita reunirá artistas que representan á música galega contemporánea. O sábado 18 actuarán XMaseda e Kid Mount, dous nomes emerxentes da escena urbana da nosa comunidade. A programación musical culminará o venres 24 coa actuación de Mondra, unha das figuras máis recoñecidas do panorama musical galego, que chegará a Padrón coa súa xira A Ronda, un espectáculo que fusiona música, danza e tradición desde unha mirada contemporánea.

Xunto a estes concertos o Santiaguiño do Monte inclúe unha ampla oferta de actividades para todas as idades: o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, teatro co Centro Dramático Galego, maxia co Mago Antón, circo con Antuán de la Cream, contacontos, espectáculos de rúa, a actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro, a festa infantil con inchables e escuma e o tradicional Gran Derbi Asnal.

Paseo dos santos polo casco histórico de Padrón
Paseo dos santos polo casco histórico de Padrón
romería no Santiaguiño do Monte

Pese á polémica mantense o Derbi Asnal

Colectivos animalistas solicitaron a primeiros de mes que se cancelara o Derbi Asal que ven formando parte das festas do Santiaguiño desde hai anos. O Concello de Padrón decidiu mantelo (sábado 24, ás 20.00 horas no paseo do Espolón) despois da enquisa realizada o ano pasado, na que o 68,4% das 408 persoas entrevistadas manifestaran que debía seguir celebrándose. Ademais, o 62,6% consideraron que a carreira de burros non podía ser cualificada como unha forma de maltrato animal.

Romaría do Santiaguiño

O punto culminante chegará o 25 de xullo coa romaría do Santiaguiño do Monte. A procesión ata o monte, as misas na capela, a popular sardiñada con reparto gratuíto de cachelos, pan de millo e bolos preñados, as actuacións dos grupos folclóricos e as actividades para a cativada volverán converter esta celebración nun dos grandes encontros populares do verán galego. O Concello habilitará, ademais, un servizo de transporte adaptado para facilitar a subida ao monte.

Durante a presentación, Anxo Arca destacou que o Santiaguiño do Monte “é unha celebración que representa a identidade de Padrón e que combina como poucas festas a forza das nosas tradicións cunha programación cultural de primeiro nivel”. Pola súa banda, Chus Campos puxo en valor unha programación “diversa, participativa e pensada para que veciñanza e visitantes gocen dunha semana de festa na que a música galega ten un protagonismo especial”.

Post navigation

Previous: Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo
Next: Escola, cultura e territorio

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.