займ срочно

O Apóstolo apúntase ao streaming coa representación dunha ópera de Verdi

0

Compostela, 21 de xullo do 2017 – As Festas do Apóstolo se preparan para fin de semana con experimentos sonoros e música de ópera en directo desde Barcelona.

A xornada do venres nas Festas do Apóstolo comezan cunha performance sonora dentro do programa Artellando nos recunchos. Berlo Molina e Bucorde prepararon unha serie de proxeccións sonoras nos parques de San Domingos de Bonaval e Alameda cada 30 minutos desde as 12 ata as nove da noite.

Artellando nos Barrios leva os xogos tradicionais ao Centro Social doi Castiñeiriño a partir das sete da tarde. A mesma hora en Santa Marta artes escénicas con Torre de Babel e Cerebro, artes, accións.

As Festas do Apóstolo levan a Quintana ata o Teatro do Liceu de Barcelona para ver en directo Il Trovatore de Verdi. Tratase dunha proxección en directo e simultanea en varias cidades e de feito a presentación farase desde Madrid. Il Trovatore é unha ópera en catro actos con música de Verdi e libreto de Salvatore Cammarano e Emanuele Bardare cuxo estrea absoluta tivo lugar no Teatro Apollo de Roma en 1853 e que chegou por primeira vez ao Liceu de Barcelona en 1854. A cita as dez da noite.

 O día remata nas Festas do Apóstolo Artellando na noite e na praza do Toural con Cosmotrópicos as 23 horas.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies