займ срочно

Festas do Apóstolo, luns 17

0

Compostela, 17 de xullo do 2017 – As Festas do Apóstolo crecen está semana coa incorporación do programa Artellando que se suma aos últimos concertos de Terra da Fraternidade.

Artellando nos Barrios ten cita no CSC de Villestro a partir da 18.30 con Martín Camiña e os seus “momentos de asombro”. “Momentos de Asombro” está cheo de intres fascinantes: Como facer maxia nunha mudanza?, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da pintura, ou como estar á moda co que xa teñamos pola casa.

A mesma hora pero na Praza do Matadoiro Fran Rei nos presenta “a galiña azul”. Fran Rei mestura narración, humor, maxia e monicreques para achegarlle ao público infantil e familiar o universo que Carlos Casares creara para que a pequena Ana “non esquecese nunca que é galega”

The Lákazans

As Festas do Apóstolo abren hoxe tamén Artellando nos Recunchos que nos presenta as nove na Praza do Obradoiro “Spazi…o” a cargo de Dikhotomia. Dikothomia é unha compañía do Euskadi que xurde da necesidade de expresar e transmitir en clave de circo. Autodefínese como “circo como linguaxe”, xa que aínda tendo en conta a importancia das técnicas do circo, optan por empregalas como ferramentas para falar de emocións e vivencias.

A música ten dúas citas hoxe nas Festas do Apóstolo de este luns. As oito e media na Praza de Feixoo estarán os Monkillos. As dez na Quintana novo concerto de Terra da Fraternidade con The Lákazans e Girma Beyene & Akale Webé desde Etiopía.

The Lákazans están considerados como a nova sensación do soul galego. A banda creouse en 2010 e son hoxe un dos imprescindibles dos locais e festivais galegos coa súa combinación de blues, soul e rock and roll moi bailable.

Girma Beyene & Akale Webé

Girma Beyene é unha lenda popular en Etiopía: letrista, compositor, arreglista e vocalista, é considerado un titán no jazz do país, designado como un dos principais representantes do chamado ethio-jazz, música que mestura a tradicional etíope con influenzas de diferente procedencia como o afro-funk, o soul, o jazz ou os ritmos afrocaribeños.

Akalé Wubé (Francia) é unha desas formacións de fóra de África absolutamente entregada á música AFRICANA, e que, nas súas gravacións, amosa absoluta devoción por un dos substratos máis interesantes, ricos e, á vez, descoñecidos e invisibilizados do mundo: as músicas etíopes.

Tamén subirá ao escenario con eles Abe Rábade, un león pianístico, tanto na interpretación como na composición.

D’Gorra

A maiores de todo isto en Compostela segue o festival D’Gorra ata o mércores, circo de rúa no que  é o público o que dicide se votar, ou non, algo na gorra do artista. Hoxe Lupo estará as 18.30 en Praterías, Rogelio as 19.30 na Quintana e Autoespista Intergaláctico as 20.30 en Praterías.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies