Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

As Festas do Apóstolo dedican o día a Padrón

festas do apostolo dia de padron slide 26 xullo 2017_r

Compostela, 26 de xullo do 2017 – Do mesmo xeito que na Pascua Padrón recibiu a corporación de Santiago é agora Compostela a que dedica un día das Festas do Apóstolo ao goberno da vila de Rosalía.

Imaxe de arquivo dos alcaldes de Compostela e Padrón no balcón do Pazo de Raxoi
Imaxe de arquivo dos alcaldes de Compostela e Padrón no balcón do Pazo de Raxoi

A cita do encontro será a unha da tarde no Obradoiro. Ademais de recibir a corporación padronesa as Festas do Apóstolo disfrutaran a esa hora dun concerto das dúas Bandas Municipais.

A recente Asociación de Músicos ao Vivo de Compostela ten o seu oco nas Festas do Apóstolo para mostrarnos todo o que Santiago pode ofrecer con músicos da casa. O programa é o seguinte

[columns]
[column size=”1/2″]Jam Martiño Pinario

18.00 h: Charla ‘Músicos ao vivo’. Sección Compostela

19.00 h: Concerto de The Fabulous Resaca Brothers

20.00 h; Espazo cativo: A música das nosas fontes.[/column]
[column size=”1/2″]Espazo estudio: Aulas abertas

20.30 h: Concerto de Bakin’ Blues Band

21.30 h: Jam Session

Evento apoiado pola Asociación de Músicos ao Vivo Sección Compostela

18.00-22.30 h | Praza de San Martiño Pinario[/column]
[/columns]

 

Cartaz da película Boyhood
Cartaz da película Boyhood

Dentro do Mes da Cultura Urbana unha parte importante son os obradoiros que servirán para o inicio en distintas materias de novos creadores. A partir das seis e ata as oito da tarde no Paseo Central da Alameda Obradoiros de beatbox e break.

As Festas do Apóstolo levan aparelladas programas como o Vía Sacra Fest que diante das Crechas e o Cervantes acolle hoxe a Do fondo do Peto. A música tradicional soará a partir das seis.

Si queredes coñecer o Santiago de Valle-Inclán dun xeito distinto a oportunidade a tedes desde as seis e media. Saíndo da estatua que o escritor ten comodamente sentada na Ferradura uns monicreques nos levaran polos lugares emblemáticos de Compostela e nos que o autor tivo unha presenza importante.

Cala Vento
Cala Vento

A noite comeza con cine ao aire libre no parque de Belvís  a partir das dez da noite, a película Boyhood. Dirixida por Richard Linklater a película nos conta a historia dun neno dos 12 aos 18 anos e a través dela a historia da familia e os cambios que van sufrindo o neno e o seu entorno. Tivo no 2014 seis nominacións aos Oscars e Patricia Arquette conseguiu o de mellor actriz secundaria.

As dez e media e once e media repetirase o espectáculo audiovisual dos Fogos do Apóstolo, como é obvio na praza do Obradoiro. Serán as últimas ocasións para poder disfrutar esta montaxe.

Dorian
Dorian

A noite nas Festas do Apóstolo é sempre música e aínda quedan dúas propostas para hoxe. As dez e media na Quintana Dorian e Cala Vento, indi rock para escoitar con calma entre as pedras de Compostela.

E no Toural para pechar a xornada Falua no ciclo Músicas do Mundo, Sara de Sousa e Gom de Abadin nos traen cancións en galego portugués porque para eles é o mesmo idioma.

Post navigation

Previous: Obradoiro de emprego para Ordes e Frades
Next: Dúas unitarias péchanse en Rois e Padrón

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.