Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Festas da Ascensión 2026

A concelleira de festas, Pilar Lueiro, presentou a Festas da Ascensión que se celebrarán do 12 ao 17 de maio

Cartel das Festas da Ascensión

Compostela, 6/05/2026 – Chegan as Festas da Ascensión, as que son máis picheleiras segundo a tradición. Unha programación que comezará o vindeiro día 12 aínda que as tradicionais atraccións da Alameda abrirán desde este mesmo venres.

A concelleira de Festas de Compostela, Pilar Lueiro, presentou no Pazo de Raxoi o programa completo das Festas da Ascensión que se desenvolverán ata o 17 de maio, aínda que atraccións na Alameda manteranse ata o luns 25 de maio, con horarios inclusivos sen ruído os días 8, 16 e 17 de maio de 17 h a 19 h. Tamén se mantén o Punto Lila, que estará instalado na Alameda do 13 ao 16, cun horario de atención de 20 h a 01 h. “As Festas da Ascensión, as máis picheleiras, son sen dúbida unhas das datas máis agardadas de todo o ano. Son festas de tradición pensadas son para toda a veciñanza de Compostela”, destacou Pilar Lueiro.

Cartel de Sara Romero

A concelleira mostrou o cartel das Festas da Ascensión, autoría de Sara Romero, compostelá graduada en Belas Artes. “O cartel nace da idea de movemento: de ir todos cara á festa, como unha invitación colectiva a vivir a Ascensión”, explicou Pilar Lueiro, e engadiu que a composición se construúe arredor dunha figura central que camiña acompañada polo ambiente festivo.

Ao seu redor aparecen elementos representativos da cidade e das súas festas: os cabezudos, a música tradicional, o pichel, ligado ou o polbo á feira, tan presente na Alameda durante estes días.

Ao fondo da imaxe, o palco da música sitúa a escena, mentres que a nora funciona como ese primeiro sinal que anuncia a chegada da festa. “En conxunto, o cartel busca transmitir unha sensación de ilusión compartida, de camiño cara á festa, onde tradición, lembranza e presente conviven nun mesmo espazo”, valorou a responsable municipal de Festas.

Programación para todos os públicos

Pilar Lueiro detallou o programa das festas da Ascensión 2026, que se completará coas actuacións da Romaría das Flores e do Composfest. Tanxugueiras abrirá as festas o martes 12, na praza do Obradoiro, cun espectáculo cheo de sorpresas no que o grupo presentará o seu novo disco.

O mércores 13 o Teatro Principal acolle a obra ‘Espiñas Rosas’ de ARTías Teatro ás 20 h. Na praza da Quintana dará comezo ás 21 h o Santiago 40 Pop. Xa ás 22 h na Alameda actuará a Orquestra América de Vigo.

O día grande da Ascensión, o xoves 14, comeza como é tradicional con alboradas e continuará cun concerto da Banda Municipal ás 12 h na praza da Quintana. Os cabezudos animarán a xornada a partir das 12.30 h e quen o prefira poderá ver a tradicional feira cabalar no recinto feiral de Amio. Xa pola tarde será o tempo do completo programa de Folk na rúa e da representación de ‘Esencia’, con Juan Echanove e Joaquín Climent ás 20.30 h no Teatro Principal.

O prato forte chegará ás 21 h na praza da Quintana con Mondra, cantareiro do que a concelleira de Festas amosou o seu convencemento de que a actuación “será un éxito”. Ademáis, na alameda estará a Orquestra Marbella.

O venres 15 chega outro clásico, o Composfest, ás 20.30 h na Quintana. Tamén actuará a Orquestra La Oca na Alameda. O programa do día complétase co XLIX Torneo da Chave, tamén na Alameda, e actuacións de corais en distintas localizacións durante toda a tarde.

O sábado 16 de maio será a xornada da Festas dos Maiores, do  Campionato Galego de Espada, da exposición de vehículos clásicos e contemporáneos FastLife Expomotor ou das escolas de baile tradicional nas prazas da zona vella e da Romaría das Flores en Belvís, con actividades para todos os públicos e xogos tradicionais. A praza da Quintana acollerá o concerto de Alba Reche, dentro do ciclo SON Estrella Galicia. Tamén actuará a Orquestra Atenas na Alameda.

O último día das festas, o domingo 17, celebrarase a XXV Carreira da Ascensión, outra tradición, neste caso a disciplina ciclista, e a Banda Municipal ofrecerá o concerto ‘A voz das Letras Galegas’. Tamén haberá alborada, e Latexo Percursión percorrerá ás rúas da Cidade. Continúan nesta xornada o FastLife Expomotor e a Romaría das Flores, que pecha a mediodía a súa programación.

O espectáculo ‘Circes e Morganas. Celebrando a Begoña Caamaño’ poñerá o ramo ás festas da Ascensión 2026 na praza da Quintana o domingo ás 20.30 h, presentado pola alcaldesa, Goretti Sanmartín.

Pilar Lueiro asegurou que este domingo 17 de maio será “un día de moitas emocións” no que “Santiago de Compostela será a capital coas súas festas da Ascensión, a festa das Letras Galegas e a homenaxe que Begoña Caamaño merece”.

Post navigation

Previous: Cultura Dispersa en Rois
Next: Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.