Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O TradFest volve a Compostela este domingo

compostela tradfest SLIDE 24 xullo 2025

Unha das citas que, tras sete ano, converteuse en imprescindible dentro das festas do Apóstolo. Feira e foliada en Mazarelos, conversas, concertos e fin de festa con Tres Pesos e Baiuca conforman o programa de este ano.

O TradFest 2025 ten como novidade o comezo nun lugar referencial para a cultura galega: O Museo do Pobo Galego. A xornada ábrese cun encontro baixo o título “Conversa con Antón Santamarina” e conducido pola poeta Alba Cid.

Na presentación da sétima edición do TradFest estiveron a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada do promotor Vítor Belho, Felisa Segade do grupo Tres Pesos e do director de Agadic, Jacobo Sutil. Un evento promovido polo Concello de Santiago e La Voz de Galicia e producido por aCentral Folque e Nordesía.

Nesta edición terá un especial protagonismo a cultura oral representada polas cantareiras, como xa tiveron en outras ocasións e neste ano coincidindo co recoñecemento á poesía popular oral da Real Academia Galega (RAG).  Durante toda a xornada se sucederán 12 concertos e ruadas e poderá visitarse a feira de artesanía en San Domingos de Bonaval, Mazarelos e A Quintana.

Os espectáculos musicais comezan co concerto da Banda de Música de Santiago, baixo a direcció de Casiao Mouriño e, nesta ocasión, co gaiteiro Pedro Lamas e a cantareira e pandeireteira Merchi Rodríguez ás 12.00 horas. Ao longo do día actuará o grupo Chruinne, o dúo Cocaha e Faltriqueira entre as 12.30 e as 20.30 horas antes do concerto de Tres Pesos ás 21.30 e Baiuca ás 22.30 horas na Praza da Quintana.

A concelleira de Festas animou a toda a veciñanza a seguir participando nas actividades do Apóstolo como ata o de agora e, especialmente, o domingo, un chamamento no que coincidiu o director da Agadic, entidade que apoia o TradFest. Felisa Segade animou a asistir á Quintana e avanzou que Tres Pesos o seu novo traballo ‘Cantares e contares’ e comprometeu que “haberá sorpresas” no espectáculo.

Avaliación do desenvolvemento das festas

Por outro lado, a concelleira de Festas aproveitou a comparecencia para destacar o desenvolvemento das festas que comezaron desafiando a chuvia. Neste sentido, agradeceu o esforzo de todos os grupos das Xornadas de Folclore Galego; destacou o éxito da xa consolidada Festa Pícara no parque Eugenio Granell onde a cativada e a non tan cativada gozaron das actividades e dos concertos; e destacou a actuación do grammy Youssou N’Dour, “que puxo a bailar unha Quintana a rebentar de xente, case dúas horas de concerto espectacular”.

Pilar Lueiro tamén agradeceu o traballo que desenvolve o persoal do Punto Lila, tanto na ubicación fixa como as parellas que se desplazan durante as actividades, nomeadamente concertos.

PROGRAMA TradFest Compostela 2025

TODO O DÍA

RUADAS durante toda a xornada con Os Viqueiras e Os Enxebres de San Lázaro

FEIRA de Artesanía e Música. Praza de Mazarelos.

MAÑÁ

MUSEO DO POBO GALEGO

11:30 – Acto de apertura: ‘Conversa con…’ Antón Santamarina. Conduce: Alba Cid

11:00 a 13:45 – Visitas á exposición “Cantareiras. Oralidad, creación, transmisión”

IGREXA DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

12:30 – Chruinne

PRAZA DA QUINTANA

12:00 – “PASEOS” da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela + Pedro Lamas: “De Bonaval á Quintana”. Dirixe: Casiano Mouriño. Canto e pandeireta: Merchi Rodríguez. Gaita: Pedro Lamas.

PRAZA DE MAZARELOS

13:00 – Foliada Asalto con Pesdelán

14:00 – Mediarea

TARDE

PARQUE DE BONAVAL

17:00 – Xiro

18:00 – Faltriqueira

19:15 – Irmaus da Raia Seca

PRAZA DE MAZARELOS

20:30 – Cocanha (Occitania)

NOITE

PRAZA DA QUINTANA

21:30 – Tres Pesos

22:30 – Baiuca

PROGRAMA TradFest Compostela 2025: Orde local

Zona Vella

RUADAS con Os Viqueiras e Os Enxebres de San Lázaro. Todo o día

MUSEO DO POBO GALEGO

11:30 – Acto de apertura: ‘Conversa con…’ Antón Santamarina. Conduce: Alba Cid

11:00 a 13:45 – Visitas á exposición “Cantareiras. Oralidad, creación, transmisión”

IGREXA DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

12:30 – Chruinne

PARQUE DE BONAVAL

17:00 – Xiro

18:00 – Faltriqueira

19:15 – Irmaus da Raia Seca

PRAZA DE MAZARELOS

Todo o día: FEIRA de Artesanía e Música. Praza de Mazarelos.

13:00 – Foliada Asalto con Pesdelán

14:00 – Mediarea

20:30 – Cocanha (Occitania)

PRAZA DA QUINTANA

12:00 – “PASEOS” da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela + Pedro Lamas: “De Bonaval á Quintana”. Dirixe: Casiano Mouriño. Canto e pandeireta: Merchi Rodríguez. Gaita: Pedro Lamas.

21:30 – Tres Pesos

22:30 – Baiuca

Post navigation

Previous: Festa do Emigrante 2025 en Val do Dubra
Next: A carreira de burros de Padrón cuestionada

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.