Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Apóstolo, o Santiaguiño e tamén Ames en Festas

ames en festas 17 xullo 2925

A bisbarra comeza 24 días nos que se celebrarán as festas do Apóstolo e o Santiaguiño e encadearanse coas de Ames que durarán ata o 10 de agosto.

Por cuarto ano consecutivo o Concello de Ames, as comisións de festas da Madalena e da Peregrina e Xuventude Ames, colaboran para organizar 10 días de festexos no cartel “Ames en Festas 2025”.

Ames en festas une as da Madalena do Milladoiro, do venres 1 ao martes 5 e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do mércores 6 ao domingo 10 de agosto.

A programación de Ames contará coas mellores orquestras de Galicia: Panorama, Olympus, Os Satélites, América de Vigo, Cinema, Assia, Metrópolis, Charleston e Compostela. En tódalas xornadas de verbena contarase con djs, coma Kike Varela ou Sergio Telmo, e disco móbiles.

Ademais, o parque do Ameneiral contará con varias actuacións musicais: Mondra, a celebración do Festival Emerxente e o Ameneiral Romaría Urbana.

Continuando coa costume iniciada o ano pasado  volverá a haber dous pregóns, un no inicio das festas do Milladoiro, o sábado 2 de agosto, e outro no peche das festas de Bertamiráns o domingo día 10.

O programa foi presentado no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, no que participaron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; así como Benjamín Seoane, en representación da comisión de festas de Bertamiráns; José Luís Vázquez e Rubén Maceiras, en representación da asociación de festas do Milladoiro.

Abriu a presentación Rubén Maceiras, en representación da asociación de festas do Milladoiro, que subliñou “a ampla variedade de propostas para todos os públicos”. Así mesmo, quixo destacar “o apoio e unha boa resposta á celebración das festas por parte dos veciños, a hostalaría e comercios da zona”.

Pola súa banda, Benjamín Seoane, en representación da comisión de festas de Bertamiráns, explicou o programa da Romaría Urbana que se levará a cabo no Ameneiral, “comezaremos xa ao mediodía cunha sesión vermú. Este ano contamos cunha banda que veñen da Coruña e acaban de comezar como é Arde. Despois teremos a Tabernarias, poñendo en valor os cantos da taberna; a Luis Fercán, que desta volta estará coa súa banda; a Monoulious Dop, que xa é un grupo clásico da contorna; e a Biribirlocke”.

Pechando a presentación, o alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García,  explicou que “coa creación do Ames en Festas buscábamos romper esa barreira entre Milladoiro e Bertamiráns e unir ambas localidades a través da cultura e da festa. Creo que é algo que está dando resultado, coa comunicación constante entre ambas comisións e cun cartel conxunto que se vai consolidando ano tras ano”.

Festas da Madalena no Milladoiro

Durante a primeira semana de agosto, O Milladoiro celebrará as festas da Madalena, que comezarán o venres 1 co festival Millarock, que contará coas actuación de A Casa do Rock, Battosai, Ulex e Ruxe Ruxe.

O sábado 2 de agosto contarase coa actuación da Asociación Cultural Retranqueiros, Tiralle do Aire, a orquestra Os Satélites e a disco móbil Impacto. Para o domingo 3 de agosto está prevista a actuación da banda de música de Padrón, Os Castros, a charanga Os Atrevidos, a orquestra Assia e a disco móbil Chocolate.

O luns 4 contarase coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, Os Celtas, e xa pola noite, da orquestra América de Vigo e maila discoteca móbil CDC. As festas da Madalena pecharanse finalmente o martes 5 de agosto coa actuación da orquestra Olympus, o DJ compostelán Kike Varela e a disco móbil CDC da man de Marcos Magán.

Festas da Peregrina en Bertamiráns

Pola súa banda, Bertamiráns dará comezo ás festas da Peregrina o mércores 6 coa charanga Compostela, a orquestra Cinema e o DJ Sergio Telmo. O xoves 7 será un dos días máis destacados,  coas actuacións da orquestra Panorama e a disco móbil CDC. Nesta xornada será tamén quenda da charanga BB+.

De seguido, o venres 8 de agosto, chegará outro dos pratos fortes das festas, co concerto de Mondra no parque do Ameneiral. O teense é un dos artistas máis destacados da escena musical en galego na actualidade e está a presentar o seu último traballo “De Ronda”. Ademais, nesa xornada contarase coas actuacións da charanga Os Celtas, a orquestra Charleston Big Band e a disco móbil nova CDC visual.

Para o sábado 9 está prevista a actuación da Requinta da Amaía e a Coral Lojo Batalla xunto coa orquestra Metrópolis e a discoteca móbil CDC. As festas rematarán o día 10 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de música de Calo e, pechando os dez días de troula, a orquestra Compostela.

Festival Emerxente

A principal novidade do Ames en Festas deste ano é celebración no parque do Ameneiral da primeira edición do Festival Emerxente, unha iniciativa que ten como obxectivo ofrecer aos artistas mozos e emerxentes do concello, e da súa contorna, unha plataforma onde poder presentar os seus traballos en directo. A cita será o xoves 7 de agosto pola tarde e contará coas actuacións de Helena Pazos, Mr. T, Lepayitss e Komojo.

Romaría urbana

Ademais, como parte das festas da Peregrina, celebrarase a unha nova edición da Romaría Urbana, que terá lugar no parque do Ameneiral o sábado 9 de agosto. Comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de Tabernarias, Arde, Luis Fercán, Monoulious Dop e Biribirlocke.

Ao longo de toda a xornada haberá diferentes postos para poder xantar, obradoiros, inchables para os máis pequenos e moita música en directo. A través desta iniciativa, trátase de levar a festa ao centro de Bertamiráns para que a veciñanza poida gozar desta romaría e motivando así ao consumo nos establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.

Post navigation

Previous: Boqueixón inviste máis de medio millón de euros en sendas peonís e reurbanizacións
Next: O Polígono da Sionlla terá unha entidade de conservación

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.