займ срочно

A Festa do Queixo e o turismo de Arzúa chegan a FITUR

0

Arzúa, 20 de xaneiro do 2022 – O concello de Arzúa achégase por primeira vez a FITUR, Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid, para presentar a oferta turística do concello e a Festa do Queixo.

Arzúa contou coa colaboración da Deputación de A Coruña para ter un espazo no que o visitante poderá acceder a diverso material audiovisual e dixital. A oferta vai desde as paisaxes, rutas de sendeirismo, instalacións deportivas ata unha guía de ocio da vila con todos os establecementos de hostalería e restauración.

Para a concelleira de Turismo, Begoña Balado, a presencia nesta feira “supón unha aposta decidida para levar directamente aos mercados turísticos internacionais un evento tan importante para Arzúa como é a Festa do Queixo que terá lugar do 4 o 6 de marzo”.

A través dun Qr terase acceso á nova web de turismo de Arzúa na que se amosan dunha gran cantidade de fotografías, acompañadas de textos explicativos que poden ser seleccionados en galego, castelán ou inglés. Con esta ferramenta búscase acceder ao público, tanto de orixe nacional coma internacional, que tradicionalmente cruza o territorio do concello peregrinando a Compostela por algún dos camiños de Santiago.

Outra das novidades que presenta a web é a presenza de mapas interactivos que mostrarán os principais activos turísticos do concello dunha maneira atractiva e cunha experiencia de usuario orientada a conseguir que os potenciais turistas lle dediquen tempo a explorar e descubrir todo o que se lles ofrece.

Para fomentar a comercialización de Arzúa como destino, a concelleira de turismo Begoña Balado xestionou tanto coa Deputación da Coruña como coa Federación de Municipios de España a presencia dos activos turísticos de Arzúa nas promocións  que realicen. Esta acción resulta de especial interese para tomar contacto con destacados touroperadores nacionais e internacionais e supón unha posibilidade destacada para dar a coñecer a oferta da hostalería e restauración da vila a empresas maioristas de comercialización de paquetes turísticos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies