Boqueixón, 3 de febreiro do 2018 – Un ano máis, co Entroido, chega a Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón, que chega aos 35 anos coa etiqueta de Festa de Interés Turístico.
A Festa da Filloa terá lugar o domingo 18 de febreiro pero con ela o concello organiza unha serie de actividades para promocionar o evento e o concello.
A novidade de este ano é o concurso de fotografía. Un concurso centrado en destacar o Entroido tradicional do concello en dúas datas moi concretas: o día 11 no Entroido de Sergude e o 18 na Festa da Filloa. As imaxes teñen que estar tomadas eses días. Tedes as bases completas en este enlace.
O Día 11 terá lugar, as dez e cuarto da mañá, o 1º Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega no Centro de Referencia do Cabalo de Pura Raza Galega no Pazo de Quián. Un pouco máis tarde, as 11 e cuarto haberá unha recepción ós Xenerais e Correos de Sergude, os mesmos que pola tarde estarán as sete no campo da festa da parroquia.
As Xornadas Gastronómicas chegan a terceira edición. Si es dos que pensa que as filloas son só filloas, estas xornada mostraranche o errado que estás. Filloa con recheo de augardente, dúo de filloas, ou fillorax/umplugged son só algúns dos nomes que poderás degustar do doce ao 17 de febreiro nos establecementos que participan. Máis información aquí.
Festa da filloa
O día grande será un ano máis o Da Festa da Filloa. Ese día Lestedo abrirá a xornada a partir das doce e media coa terceira edición do Desfile de Xenerais da Ulla. A partir da una e media María Mera presentará o acto e dará paso ao pregoeiro, o televisivo cociñeiro André Arzúa. A música a porán Loaira, Raeira, Raiola, Luz do Ilicino, TNT e O Recobío e a partir das seis e media da tarde as orquestras Jerusalén e París de Noia.
Días para disfrutar dun dos Entroidos máis tradicionais da bisbarra, o do Ulla, e dunha das festas máis tradicionais, a da Filloa de Lestedo.