Boqueixón, 22 de febreiro do 2021 – A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, organiza a 38 edición de xieto virtual.
A Festa da Filloa celebrase con fotografías de elaboracións gastronómicas e coplas dos Xenerais da Ulla que desde hoxe inundarán a rede.
O certame fotográfico Filloarte recibiu máis de medio cento de imaxes que se difundirán nun álbum na páxina da Festa en Facebook. Dende a publicación das mesmas, abrirase un período de votacións para decidir os gañadores. As tres imaxes que acumulen máis likes recibirán vales de compra nos establecementos de Boqueixón. A fotografía gañadora levará 200 euros, mentres que a segunda clasificada disporá de 100 e a terceira de 50 euros.
Atranque dos Xenerais da Ulla
A programación da Festa da Filloa inclue tamén a estrea dun atranque virtual dos Xenerais da Ulla de Lestedo. Un atranque protagonizado por Uxía Canabal Peón e Xulián Vázquez Canabal, que dan boa conta de que en Boqueixón o relevo xeracional neste entroido tradicional está garantido.
Dende o Concello de Boqueixón e dende a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo agradecen “a implicación da veciñanza no desenvolvemento destas actividades e no mantemento desta celebración. Sen o seu esforzo e traballo non sería posible acadar o éxito acumulado nestes 38 anos de andaina”.
Estrea de páxina web
Por outra banda, a Asociación Cultural da Festa da Filloa de Lestedo estreará tamén unha páxina web sobre a celebración. Nela incluirase tanto información sobre a creación da festa, así como detalles sobre a elaboración da Filloa de Lestedo, o Entroido da Ulla e tamén imaxes das últimas edicións.