Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón

A seguridade será a prioridade na 39ª Festa da Filloa de Lestedo

Este xoves era presentada a 39ª Festa da Filloa de Lestedo que se desenvolverá o 6 de marzo baixo un estrito protocolo de seguridade.
Boqueixon-slide-Festa-da-Filloa-slide-18-febreiro-2022_120058_r

Table of Contents

Toggle
  • Boqueixón, 18 de febreiro do 2022 – Este xoves era presentada a 39ª Festa da Filloa de Lestedo que se desenvolverá o 6 de marzo baixo un estrito protocolo de seguridade.
    • Promoción da Festa da Filloa
    • Programa da 39ª Festa da Filloa de Lestedo

Boqueixón, 18 de febreiro do 2022 – Este xoves era presentada a 39ª Festa da Filloa de Lestedo que se desenvolverá o 6 de marzo baixo un estrito protocolo de seguridade.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, o xerente da Axencia de Turismo de Galicia e deputado autonómico , Ovidio Rodeiro Tato, e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal, foron os encargados de avanzar o programa de actos da Festa da Filloa.

O alcalde de Boqueixón explicou que a Festa da Filloa “volve despois dun ano cos fogóns apagados por mor da pandemia sanitaria” e destacou que “é unha festa moi ligada á promoción da cultura e das tradicións galegas”. Por iso, agradeceu especialmente á veciñanza de Lestedo e á Asociación Cultural da Filloa “por ser quen de elaborar un programa tan completo nun tempo récord”.

Pola súa parte, José Manuel Canabal destacou que o programa deste ano contempla grandes novidades, motivadas pola situación sanitaria. “A primeira delas é o cambio de hora do Gran Alto dos Xenerais da Ulla, que pasan da tarde ás 12:30 horas, xusto antes do pregón e que non haberá Desfile de Xenerais”, indicou Canabal.

A organización contará cunha empresa especializada que se encargará de que se cumpra en todo momento a normativa preventiva fronte á Covid-19 e que o campo da festa estea dividido en distintas zonas para que non se produzan masificacións.

Finalmente, Ovidio Rodeiro asegurou que esta festa “é unha celebración que representa un recoñecemento aos homes e mulleres de Lestedo que levan 39 anos facendo unha festa de parroquia que, ao mesmo tempo, lograron que sexa unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia e co selo de Festa de Interese Turístico Galego”.

Promoción da Festa da Filloa

A promoción da Festa da Filloa é outra das actividades que volve. Do mércores 23 de febreiro ao venres 4 de marzo, unha filloeira elaborará de xeito tradicional as filloas de Lestedo na cafetería do Centro Comercial El  Corte Inglés. O venres 4 de marzo, ás 13:00 horas, Roberto Filgueira, do Restaurante O Balado, impartirá unha masterclass ao alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela no que amosará as posibilidades culinarias da filloa.

Programa da 39ª Festa da Filloa de Lestedo

O programa da Festa da Filloa o 6 de marzo dará comezo ás 10:00 horas, co acendido da máquina filloeira onde se poderán mercar as filloas. A partir das 11:00 horas, o Local Social de Lestedo acollerá a inauguración da mostra fotográfica “39 anos filloando”, organizada pola asociación de veciños de Lestedo. Durante o acto terá lugar a entrega dos premios do II Concurso Fotográfico “Filloarte”, que se está celebrando nestes momentos a través da fan page en Facebook da Asociación Cultural da Filloa (facebook.com/filloaoficial).

A actuación de grupos musicais da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio (11:30 horas) e a tradicional parranda de entroido (12:00 horas) no campo da Festa darán paso ao Gran Alto dos Xenerais da Ulla, que terá lugar ás 12:30 horas. Mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor, falarán de política e temas de actualidade para dar paso á actriz María Mera, que un ano máis presentará o pregón das festas. Un pregón que este ano correrá a cargo do profesor e escritor Xosé Manuel Lobato.

A orquestra Finisterre porá o broche final a unha intensa mañá de actividades coa sesión vermú. Esta formación, canda a orquestra Olympus, protagonizarán a verbena a partir das 18:00 horas.

Post navigation

Previous: Frades prepara unha gran festa de Entroido
Next: Volve a Festa do Queixo de Arzúa reivindicado o rural

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Participantes no campo de traballo monte sacro
2 minutes read
  • Xeral

Campo de voluntariado Monte Sacro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.