Frades, 15 de agosto do 2017 – A piscina municipal de Frades rexistrou un cheo absoluto na celebración da Festa da Auga que tivo lugar o pasado sábado nas instalacións de Papucín.
Varios centos de persoas disfrutaron da tarde do sábado nas instalacións, acondicionadas para o evento con xogos inchables acuáticos, un tobogán de auga e unha lanzadeira de escuma, entre outras atraccións.
Cunha participación totalmente aberta, a Festa da Auga, celebrada nas instalacións de Papucín, ofreceu flocos de millo e chucherías de balde para todos os nenos e nenas que acudiron. Esta é unha das iniciativas máis concorridas da programación estival do Concello, que inclúe ademais varias excursións e actividades ao aire libre, programas de conciliación familiar, cine ao aire libre e diversas propostas relacionadas co deporte.

