Compostela, 11 de agosto do 2017 – O Feito a Man continúa ofrecendo momentos especiais e o de hoxe venres vai de romaría, o que a Asociación Cidade Vella denomina unha Romaría Cuembieira.
Outra das cousas previstas para o día de hoxe, unha cata obradoiro de vermús tivo que ser adiada e celebrarase alá polo mes de maio así que servira de anticipo ao Feito a Man do 2018.
O Feito a Man de este venres invita a pasear porque organiza dúas citas que se superpoñen así que vamos a planificar unha boa forma de pasar o serán do venres.
A partir das sete o mellor é achegarse a Bonaval, onde está a Zona C, diante da Igrexa e o Museo, para coller forzas coa Romaría Cumbieira na que atoparemos unha selección de comidas do mundo e obradoiros para os mais cativos.
Un pouquiño antes das oito un pequeno paseo pola Virxe da Cerca nos levará ata Tras San Fiz de Solovio para escoitar a La PLata.
La Plata é un conxunto musical que fai synth-pop-punk formado na cidade de Valencia por Miguel Carmona (Batería, Teletexto, Poder Absoluto, Thee Vertigos), Salvador Frasquet (Guitarra solista), María Gea (Guitarra Baixa, Alfa-Estilo, Carmonas), Patricia Ferragud (Sintetizador) e Diego Escriche (Guitarra/Vocalista, Acapvlco, Alfa-Estilo, Hyper Clear) en 2016 tras a primeira gravación en 2015 como proxecto paralelo de Escriche.
Cando remate, ou antes si así o decidimos, volveremos a Bonaval porque a partir das nove únense a Romaría Cumbieira dous dj. ,
Sprocket DJ especializado en rock zulú, caribbean, e afrodisco e DJ Najle, que chega desde Colombia con champeta, cumbia, afrocolombian e afrolatino.
Unha noite de venres para pasear, comer e bailar co Feito a Man 2017.