Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

No Feito a Man segunda oportunidade para ver a Haema e Andrea & The Black Cats e coñecer a Néboa

neboa slide_r

Compostela, 19 de agosto do 2017 – A falta de 24 horas para o primeiro dos concertos homenaxe desta edición do Feito a Man oportunidade para ver de novo a Haema e Andhrea and The Black Cats e coñecer aos composteláns Néboa.

As 13.30 en San Paio de Antealtares a quedan é para Haema.

Haema é música do fondo do mar, dos pantanos de cimentos e caos e dos cumes das montañas. Cruza o jazz con diversos universos musicais, sendo lugar de compartimentos infinitos que se ligan por grandes portas de madeira, sen corredores. É casa itinerante que se transporta no sangue pulsado por dúas viaxeiras que partillan experiencias sonoras, munidas dunha parafernalia de obxectos sibilantes. Haema Son: Diana Cangueiro: teclados, electrónica; e Susana Nunes: voz, sahi, electrónica.

As oito a música a pon Néboa en Virxe da Cerca, no Momo.

Néboa son un quinteto formado por músicos de Compostela, Arousa e Vigo. Despois de máis de catro anos estreamos o noso primeiro traballo, titulado Antes da tormenta.

En Antes da tormenta están as cancións que cremos que máis se asemellan ao son que andabamos buscando (e que seguimos a buscar). Un total de seis temas nos que tratamos de buscar un punto intermedio entre as músicas que máis nos gustan: o trip-hop, o blues, o jazz, o pop… O título do EP ten que ver coa sensación que lles produce tocar xuntos. Unha música contida e introspectiva, en calma pero alerta, dispostos a desencadear en calquer momento os relámpagos e a chuvia. Exactamente coma nos compases antes de que a tormenta estoupe, cando todo está sumido nunha misteriosa calma. Por iso, case ao final do disco soa Unha palabra túa (muiñeira), onde se escoita unha especie de diluvio universal.

O día remata en San Paio de Antealtares as dez con Andhrea & The Black Cats.

Andhrea & the Black Cats é un trío de blues compostelá que reinterpreta clásicos do xénero dos anos 40, 50 e 60. O repertorio comprende temas de Robert Jonson, Muddy Waters, Son House… Tanto a escolla dos temas como a forma de  arranxalos e interpretalos fai que os concertos deste trio sexan dinámicos e divertidos.

Andhrea Morant é a cantante e que tamén fai as labores de percusión miúda e os Black Cats son Benjamín Vázquez na guitarra e Ramón Figueira na harmónica.

Post navigation

Previous: Ames Novo denuncia vertidos de Feiraco ao Rego da Pateleira
Next: 43 anos de Festa da Empanada en Bandeira

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.