Compostela, 3 de agosto do 2017 – Comeza o Feito a Man viaxando desde a Ghana de Kyekyeku ata o Canada no que reside o mexicano Quique Escamilla.
Este ano o festival Feito a Man, que organiza a asociación de locais Cidade Vella, aumenta a súa programación e acolle case 80 espectáculos ata o 30 de agosto. Trátase da decimocuarta edición e ten un color especial polo pasamento de Narf e do violinista irlandés Angús, moi vinculado a Galicia.
A xornada comeza as oito da tarde na rúa de Xelmírez con Gold & Colt
Gold&Colt son o referente do folk americano en Galicia, unha banda que nos fará viaxar alén do Atlántico. Nos seus directos pódese apreciar o seu bo gusto polo son acústico, no que non faltan instrumentos típicos da cultura americana, como o dobro, o banjo ou o cigarbox-guitar. No ano 2016, o grupo realizou máis de corenta concertos actuando nas salas e festivais máis importantes de Galicia, como a Sala Karma, Aturuxo, Sala Son, Son Rías Baixas, Surfing The Lerez Festival… E neste 2017 publicarán o seu segundo LP.
De Xelmírez marcharemos a praza de Cervantes nun concerto con dous artistas internacionais que sen duda non defraudarán.
Quique Escamilla de Chiapas atopou no seu país de adopción, Canadá, un lugar nos mellores festivais e teatros, consolidándose como unha das grandes figuras da world music. A súa música é o resultado de misturar o rock cos ritmos populares mexicanos, como o huapango ou a ranchera, sempre acompañados dunha forte mensaxe política de apoio á loita zapatista, aos dereitos humáns, á liberdade e á igualdade. Xa o puidemos ver en WOMEX 16.
Kyekyeku chega desde Accra (Ghana) -pronunciado ‘checheku’-, un músico que mestura as músicas tradicionais do oeste africano (Palmwine) con blues, highlife e afrobeat tocados con guitarra acústica e percusión. Kyekyeku foi definido pola CNN como un “mago coa guitarra” e pola BBC como un “guitarrista fabuloso”. Tamén a Forbes Africa di del que “é o pequeno príncipe do Palwine”. A súa música tráenos o mellor do palmwine mesturado con highlife e o afrobeat.
Aqui tedes unha mostra do menú de hoxe no Feito a Man
[columns]
[column size=”1/3″][/column]
[column size=”1/3″][/column]
[column size=”1/3″][/column]
[/columns]