Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O Feito a Man despide cun acto en Bonaval a Jon Scullard

Mongrel State promo photo slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 24 de agosto do 2017 – O Feito a Man continúa pero hoxe ademais despedirá a Jon Scullard cun acto as oito da tarde no Parque de Bonaval.
    • Programación do día

Compostela, 24 de agosto do 2017 – O Feito a Man continúa pero hoxe ademais despedirá a Jon Scullard cun acto as oito da tarde no Parque de Bonaval.

O acto está organizado polo festival e pola casa das Crechas xa que jon Scullard foi técnico de son da sala. En Bonaval intervirán amigos e familiares e os compañeiros músicos dedicaranlle tamén unha actuación.

Programación do día

O xoves terá sesión vermú as 13.30 na praza de Cervantes con Brúa.

Brúa
Brua

Brua é unha nova formación folk formada a principios do 2016 en Santiago de Compostela. Os seus compoñentes son Xabier Agra (frauta), Cibrán Seixo (violín), Gumer Freire (mandolina, bouzouki), Roi Sampedro (guitarra) e Manuel Carballada (percusión). Posteriormente incorpórase Xacobe Varela a voz, bouzouki e gaita.

A súa música está baseada en composicións propias e no folk galego e asturiano principalmente aínda que no seu repertorio non faltan temas irlandeses, escoceses ou bretóns. O grupo formouse a partir das sesións no coñecido pub santiagués A Gramola. Na Pascua do 2017 os membros de Brua fixeron unha pequena xira por Irlanda baixo o nome A Gramola Band. Até a data teñen actuado en diferentes pubs de Galiza e na cuarta edición dos bailes de Cuartel de Moraña.

Xa pola noite, despois do acto de Bonaval, as nove en San Paio de Antealtares estarán Mongrel State.

Mongrel State
Mongrel State

Banda fundada en Dublín en 2015 que fai south-western rock. Presentaron o seu primeiro disco, ‘Mestizo’, en 2016. Tenhen un directo moi potente e moi traballado.

Desde rockabilly ao rock pasando por ritmos latinoamericanos, pero o que os fai únicos é o lume, o compromiso e a enerxía dos seus directos. Eles son Claudio Mercante, Darren Flynn, Sebastian Jezzi e Guillermo González Rodríguez.

O día rematará en Tras San Fiz de Solovío con Boyanka Kostova.

Boyanka Kostova

Está considerado como o primeiro grupo de trap en galego. A súa música é universal e non poderás parar de bailar ao son dos seus ritmos hipnóticos e o seu flow costumista. A banda demostra en cada directo que só vai a máis. O seu primeiro disco sairá neste 2017 e, mentres, non deixan de deleitarnos cos seus novos vídeos.

Post navigation

Previous: O Curtocircuito faise presente en agosto coas Noites Curtas
Next: A II Feira da Enerxía celebrarasé en marzo en Silleda

Máis novas

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.