займ срочно

Música, foliada e a volta da Feira Cabalar nas festas de San Marcos en Noia

0

Noia, 11 de abril do 2022 – As Festas de San Marcos en Noia recuperan todo o seu esplendor despois de dous anos de parálise por culpa da pandemia.

Orquestas, foiiada, concertos e a desexada Feira Cabalar forman un programa de actividades que se celebrarán do 22 ao 25 de este mes de abril. O concelleiro de cultura José Pérez presentou a Feira Cabalar a pasada semana e nas próximas datas darase a coñecer o programa completo do San Marcos.

San Marcos e o cabalo

A Feira Cabalar de Noia é una das máis importantes de Galicia e parte fundamental das festas de san Marcos cada mes de abril. Será a encargada de poner fin as festas o luns día 25 e estará roganizada pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Xunto ao concelleiro de cultura estivo p presidente da Asociación Xacobe Pérez quen explicou algunhas das características da feira. O evento terá máis de catro mil euros en premios en el participarán razas como a pura galega, cruzados, árabes, andadura e una pensada para os máis cativos como a de ponis.

Xunto a feira celebrarase a terceira edición do roteiro cabalar Portus Apostoli. O nome xorde do percorrido que atravesa una parte do Camiño a Compostela. A actividade está aberta a todo o mundo e os participantes recibirán una credencial equina que recoñece o esforzó dos animais. A presentación serviu tamén para anunciar una ruta que se celebrará no verán e que percorrerá todo o camino ata Compostela.

Foliada, música, e orquestas

O programa do san Marcos 2022 ten xa algunhas citas anunciadas ás que haberá que estar atentos.  Para os verbeneiros están as orquestas París de Noia, New York y Marbella.

Para abrir as festas co mellor humor, ademáis de poder bailar e cantar, estarán The Vacas o día 22.

Por Noia pasa tamén a xira de Dr. Queen, hoxe en día un dos mellores grupos tributo e un dos mellores concertos que un pode ver. O arxentino Jorge Busetto é un dos mellores facendo covers de Freddie Mercury e, de feito, a banda é una das oificias, avaladas polos auténticos Queen.

Outra das citas que volve ao San Marcos e a foliada, un evento que reuniu na última edición a douscentos gaiteiros en Noia.

O concelleiro de cultura José Pérez destacou tamén a volta das atraccións, algo moi esperado polos máis pequenos e polas familias. Tamén dixo estar valorando adiantar os horarios de algúns eventos para beneficiar á hostalería e finalmente empraxzou aos centros educativos a que convertan o día 25 e non lectivo para que os nenos poidan disfrutar da Feira cabalar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies