Fefa Noia dirixe desde hai case 3 anos o Centro Dramático Galego. A súa seguridade ao falar de teatro, a súa vida máis aló do traballo, pode intimidar pero enseguida un sorriso franco relaxa ao interlocutor. En este sector é habitual cuestionar a alguén que se mostra convencido do que di pero chega con repasar a súa Curriculum para comprobar que se gañou o dereito para dicir o que pensa.
Fefa Noia cursou estudos de Filoloxía Alemá na Universidade de Santiago de Compostela, realizando o curso de posgrao de Especialización en Arte Dramática; Teoría e Práctica da Interpretación. Cursou estudos de doutoramento en Ciencia Teatral na Ludwig- Maximilian- Universität de Munich e o M.A. en Drama pola San Francisco State University ( California), bolseira pola Comisión Fulbright. Foi tamén bolseira da Fundación Pedro Barrié da Maza e da Real Academia de España en Roma.
Formouse como directora no Teatro da Abadía, onde foi parte do equipo de dirección artística durante máis de dez anos, estudando con mestres como Marcelo Magni, Lenard Petit, Juan Carlos Gené ou Yoshi Oida.
O seu periplo vital é un circulo que, polo momento, péchase en Compostela de onde saíu, algo que explica que lle permite valorar a que sitios volvería
Chegou ao posto de directora do CDG por concurso público, coñecía os problemas aos que se ia enfrontar pero tamén sabía que era un proxecto que lle daría moitas satisfaccións.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sempre comenta que os seus amigos pensan que se sinte cómodo na incomodidade, Fefa pode dar esa impresión pero é algo que lle custou un certo esforzo
O que ninguén pode negar é que para un posto como o que ocupa ten a mellor experiencia; coñece a xestión privada como a pública e todo o proceso dun espectáculo, desde que nace no maxín ata que chega a estrea
Cando se toca o recorrente tema da crise do teatro, para moitos existe desde os gregos, Noia móstrase práctica; cre que o teatro e arriscar e iso supón estar sempre no borde do abismo. Ao mesmo tempo ten claro que aínda arriscando precisa de apoio porque a cultura en xeral, e o teatro en particular, teñen que estar nas prioridades dos gobernantes
Unha das teimas da directora antes de chegar ao posto, así o explicaba no proxecto presentado, era acercar o CDG a veciñanza. As funcións para escolares, o teatro inclusivo, a familia como espectadora… son todos logros que xa están en marcha
As producións do CDG sempre están expostas á feroz ollada dos profesionais, o público, os políticos… forma parte do xogo. Fefa Noia o sabe e si lle preguntas polas máis complexas recoñece que Martes de Carnal e Divinas Palabras Revolution foron un proceso moi complexo

O proceso de selección de actores para unha produción son unha fonte constante de anécdotas… que non se poden contar. Pero iso é mostra tamén de que é un tema pendente de resolver xa que a liberdade do director para elixir ao elenco choca coa necesidade de que sexa un proceso público e transparente
O traballo de Fefa Noia pode ser debatido pero non se pode negar, e coa perspectiva do tempo verase mellor, que marcou un antes e un despois no Centro Dramático Galego. O éxito da maioría das producións vai parello co arriscado, as veces, das propostas o que reforza a idea da directora de que ese é o camiño. Non perde quenda a hora de pedir máis recursos pero é obvio que os que ten os usa cunha eficiencia digna de encomio.
Non podemos máis que recomendar aos lectores que acudan as funcións, que participen, porque o Centro Dramático Galego e de todos e si por fin atopou o seu camiño sería unha mágoa non acompañalo en el.

