Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Preocupación pola falta de persoal no grupo de emerxencias de Brión

O BNG de Brión reclama solucións urxentes para garantir o funcionamento do GES e denuncia a precariedade laboral do servizo

Imaxe de arquivo (2022) do GES se Brión

Imaxe de arquivo (2022) do GES se Brión

Brión, 07/05/2026 – O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Brión é desde hai anos un dos máis importantes da bisbarra. Numerosas actuacións o converten nunha referencia de seguridade en todo tipo de situacións.

O servizo con base en Brión tivo que pechar recentemente durante unha xornada pola falta de persoal. Esta situación abriu unha preocupación pola situación laboral na que se atopa e que ata ese momento pasaba desapercibida.

O BNG de Brión reclama unha solución urxente á situación. A formación nacionalista considera “moi grave” este problema nun servizo “esencial para a seguridade da veciñanza de Brión e doutros concellos da comarca”, e advirte de que a falta de efectivos e a precariedade laboral “non poden seguir sendo a norma nun dispositivo de emerxencias”.

Desde o BNG sinalan que o GES, co que xa se ten reunido para coñecer as súas necesidades, presta unha atención fundamental en intervencións relacionadas con accidentes, incendios, rescates e outras emerxencias, polo que consideran “inadmisíbel” que o funcionamento do servizo dependa da realización constante de horas extraordinarias e de cadros de persoal insuficientes.

Hai uns meses o Bloque pediu explicacións no pleno polos gastos xurídicos derivados da sentenza que obrigaba o Concello a pagar horas extras aos traballadores do GES, por unha contía de máis de 165.000 euros.

A organización demanda ao Concello de Brión que adopte medidas inmediatas para garantir a estabilidade do servizo, reforzar os efectivos e asegurar unhas condicións laborais dignas para os traballadores e traballadoras do GES. “O dereito da veciñanza a contar cun servizo de emerxencias eficaz non pode sosterse sobre a precariedade laboral de quen garante esa seguridade”, sinalan desde o BNG.

A formación considera que esta situación evidencia a necesidade de abordar de maneira estrutural os problemas que arrastra o servizo e reclama responsabilidade institucional para evitar que episodios como o peche temporal do GES volvan repetirse.

Post navigation

Previous: Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla
Next: Abraham Boba, lider de León Benavente, dirixirá un laboratorio de cancións en Santiago de Compostela

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.