займ срочно

A Vía da Prata baixo a visión de 40 fotógrafos

0

Compostela, 7 de xuño do 2022 – O Museo da Cidade da Cultura acolle desde hoxe unha exposición sobre a Vía da Prata baixo a óptica de 40 fotógrafos clásicos e contemporáneos.

Baixo o título de ‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ a exposición mostra 140 instantáneas que mostran a historia da ruta.  A exposición está comisariada por Lucía Laín estará aberta ata o 4 de setembro.

Inauguración da exposición ‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ 06/06/22

A mostra foi inaugurada este luns polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que destacou a contribución fundamental desta exposición “para impulsar un maior coñecemento e posta en valor da Vía da Prata e súa importancia na configuración da nosa identidade como punto de confluencia de culturas diversas”.

O conselleiro engadiu que “Por esta calzada camiñaron primeiro os romanos, comerciantes e exércitos árabes e cristiáns, e tamén chegaban á capital compostelá ofrendas e peregrinos que buscaban o favor do Apóstolo Santiago. Aínda hoxe, a autovía que toma o seu nome segue a ser un dos principais eixes de conexión entre o sur e o norte da Península”.

Inauguración da exposición ‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ 06/06/22

Do clásico ao moderno.

Entre as figuras clásicas incluídas na mostra cóntanse co galego José Suárez, Luis Agromayor, Martínez de Hebert, Jaimae Pacheco e tamén fotógrafos internacionais como Nicolás Muller, Otto Wunderlich, Jean Laurent ou António Passaporte, entre outros moitos.

Na parte máis contemporánea atopamos obras de Cristina García Rodero e Juan Manuel Castro Prieto, ambos premios nacionais de fotografía, xunto a nomes destacados como Carmenchu Alemán, Anna Turbau, Vicente López Tofiño, Atín Aya ou Fernando Manso e figuras emerxentes como Laura Martínez Lombardía, Yorgos Kaeste ou Javier Berasaluce.

Desde Galicia préstannos o seu ollar os ourensáns Antón Buciños, Brais Lorenzo, Tere Fernández e Miguel Muñiz, os vigueses Iñaki Matilla, Manuel G. Vicente e Roberto de la Torre e o compostelán Luis Otero.

Imaxes e letras

Nesta viaxe de sur a norte, a fotografía conxúgase con versos e fragmentos literarios de escritores e escritoras das nosas letras -Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Sofía Casanova, Rosalía de Castro, etc.- e tamén doutros que desde a distancia atoparon a inspiración nas cidades, pobos e xentes que conforman a ruta da Vía da Prata, como Federico García Lorca, Manuel Machado ou Miguel de Unamuno. Este encontro feliz coa palabra escrita permite afondar na multiplicidade de sentimentos, lecturas e sentidos que transmite a imaxe, ofrecendo unha nova interpretación, por veces sorprendente na súa potencia evocadora, do traballo fotográfico.

Inauguración da exposición ‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ 06/06/22

Preservación do patrimonio

A exposición pon en valor o traballo de museos, arquivos e coleccionistas na conservación e transmisión do patrimonio vivo das Rutas Xacobeas. Neste sentido, a mostra inclúe fotografías pertencentes ao Arxiu Nacional de Catalunya, o Centro Português de Fotografía, o fondo Nicolás Muller do Archivo Regional de la Comunidad de Madrid, o Archivo Atín Aya, o Instituto do Patrimonio Cultural de España, a Fundació Institut Amatller d’Art Hispànic, o fondo Anna Turbau do Consello da Cultura Galega, o Arquivo Fotográfico Pacheco do Concello de Vigo, o Arquivo José Suárez, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a Biblioteca Nacional de España, entre outros.

Dtas e horarios

A exposición poderá visitarse no terceiro andar do Museo Centro Gaiás ata o vindeiro 9 de setembro de 2022. Conta con entrada de balde, de martes a domingo e de 10,00 a 20,00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies