Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Exposición sobre violencias machistas na Praza do Obradoiro

SONY DSC

SONY DSC

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 20 de novembro do 2018 – Unha exposición itinerante sobre violencias machistas pódese ver na Praza do Obradoiro ata o día 26 de este mesmo mes.
    • Tres partes
    • Recepción a patrocinadores

Compostela, 20 de novembro do 2018 – Unha exposición itinerante sobre violencias machistas pódese ver na Praza do Obradoiro ata o día 26 de este mesmo mes.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e por membros da corporación e patrocinadores da campaña En negro contra as violencias (Gadisa, Paideia, Finsa e Castrosúa), visitaron a exposición sobre violencias machistas patrocinada pola Fundación Paideia e Finsa.

Esta instalación ten como principal obxectivo ir máis alá da campaña, e amosar a realidade das situacións de violencia contra as mulleres que se dan na nosa sociedade. A mostra, formada por un triángulo completamente negro de 1224 x 918 x 918 cm por 280 cm de alto, contén a información necesaria para contextualizar e explicar a orixe e as diferentes formas da violencia contra as mulleres.

Trátase tamén de incluír unha información detallada e rigorosa cunha metodoloxía de sensibilización activa de maneira que as persoas que se acheguen á exposición En negro contra as violencias poidan interactuar e afianzar unha conciencia crítica contra as violencias machistas.

Conta con material audiovisual e documentais sobre os tres anos da acción, así como material realizado por diferentes IES de Galicia contra as violencias machistas.

Tres partes

A instalación consta de tres partes: información, memoria e participación. Coa primeira delas trátase de transmitir de forma sinxela e gráfica, a realidade das violencias. O interior contén seis paneis de 295 x 145 cm con datos e infografías sobre a repercusión das agresións machistas.

A segunda parte, a memoria, está formada por unha peza audiovisual de arredor de media hora de duración que se poderá ver, en bucle, de 9:00 a 21:00 horas, e que está formada polos materiais que se foron xerando os tres anos da campaña.

Finalmente, a parte da participación artéllase arredor da coñecida “árbore dos desexos” de Yoko Ono. No seu día creouse co obxectivo de recoller as esperanzas da xente, unha cuestión que se retoma agora para que a xente poida incluír calquera desexo.

Neste caso son as paredes do interior do triángulo as que acollen esas reflexións, instalando un cordón de goma negro que se poderá cubrir de etiquetas onde, ademais de desexos, se poden compartir experiencias, denuncias ou frases.

Este exercicio servirá ademais de estudo das diferentes opinións que a xente ten sobre este tema. O triángulo negro de madeira está deseñado para ser itinerante e, partir do 26 de novembro, poderá ser instalado noutros concellos de Galicia que así o soliciten.

Recepción a patrocinadores

Previamente á visita da exposición, o alcalde recibiu o director xeral de Castrosúa, Pedro J. Juan Boix; os representantes de Gadisa, Antonio Cortés e Iria Rodríguez; a coordinadora da Mesa da Igualdade de Finsa, Luz Cachafeiro González, e a responsable de comunicación da entidade, Pilar Rodríguez Castillo, así como a Guillermo Vergara, da Fundación Paideia. O rexedor quixo agradecerlles a implicación na campaña En negro contra as violencias e o seu apoio para sacala adiante.

Post navigation

Previous: Hal e Miseducation of Cameron Post na visión de Mandingo das películas de Cineuropa
Next: Arzúa conmemora o Día Internacional do Neno con actividades culturais

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.