Compostela, 26 de marzo do 2019 – O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura esta tarde, na Casa do Cabido, unha exposición de fotografías protagonizadas polas mulleres da Praza de Abastos
A exposición Elas, retrato dun mercado, reúne instantáneas realizadas polo fotógrafo compostelán Manuel Blanco ás mulleres da Praza deAbastos de Santiago. A mostra está impulsada polo Consorcio de Santiago e as Concellarías de Acción Cultural e Mercados do Concello de Santiago.
O propósito desta exposición é poñer en valor á muller tradicional galega. A inauguración coore a cargo do alcalde e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega e asistirán, ademais do propio fotógrafo, a xerente do Consorcio, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo, Juan Conde.
A mostra permanecerá na Casa do Cabido ata principios do vindeiro mes de maio. Poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (o 2 de abril comeza o horario de verán: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.