Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Explora, Playlist e Planeta GZ, protagonizan hoxe Curtocircuito

A xornada de Curtocircuíto de este martes comeza as cinco e media no Teatro Principal coa segunda proxección da sección Explora.
curtocircuito-the-parents-room-slide-5-outubro-2021_r

Compostela, 5 de outubro do 2021 – A xornada de Curtocircuíto de este martes comeza as cinco e media no Teatro Principal coa segunda proxección da sección Explora.

Os traballos Best Year Ever, de James Kienitz Wilkins; The Parents’ Room (La Chambre des parents), de Diego Marcon; Surviving You, Always, de Morgan Quaintance; e Misty Picture, de Christoph Girardet e Matthias Müller forman o Explora de hoxe.

The Parents’ Room (La Chambre des parents), de Diego Marcon

Ás 19.00 no Teatro Principal terá lugar o pase de Sisters with transistors, o documental da sección Playlist onde Lisa Rovner narra a historia non contada das pioneiras da música electrónica.

A xornada continúa coa segunda, e última proxección, da sección Planeta GZ, que amosa os mellores traballos cinematográficos galegos do ano. No pase, que terá lugar ás 21.30 horas, proxectaranse as últimas seis pezas dos doce que compoñen a sección a competición. Son: Eu máis, de Ángel Montero Vázquez; Os Corpos, de ​​Eloy Domínguez; Augas abisais, de Xacio Baño; Inside the microtubule, de Judith Adataberna; Fade to Black, de Alejandra Pombo Suárez; e Radio Cu Cu, de Berio Molina. Tamén despois da proxección terá lugar un coloquio cos directores e directoras.

Curtocircuíto e The Screen, a iniciativa de industria da ECAM, apostan nesta edición por impulsar o talento emerxente, proporcionando a novos cineastas ferramentas e coñecimentos para levar a cabo os seus proxectos. Varios proxectos galegos traballarán con Teresa Morales de Álava aspectos relacionados con marketing, como o posicionamiento das súas longometraxes, os ángulos de venda e liñas vermellas, branding e creatividade ou a relación coa prensa e as relacións públicas. Os proxectos seleccionados nesta ocasión son Anoche conquisté Tebas (Gabriel Azorín, Filmika Galaika, Dvein), Así chegou a noite (Ángel Santos, Miramemira), Cando toco un animal (Angel Filgueira, Sétima Media), Crías (Xiana do Teixeiro) e As defensas (Lucía Estévez, Cósmica Producións).

Ademais, tera lugar a primeira actividade online do festival. A redes sociais do festival seguirán funcionando tamén nesta edición como unha das sedes dixitais de Curtocircuíto. As personas interesadas poderán seguir desde a canle de Facebook ou YouTube as tres conversacións moderadas por Marta Ramos-Yzquierdo. Versarán sobrecos centros de creación, a relación do audiovisual co corpo e o movemento, e sobre como as raíces culturais e o territorio funcionan como punto de partida na construción da identidade e, por tanto, da arte. A primeira  delas terá lugar mañá a cargo de Almudena Escobar (The Flaherty Seminar), Marta Andreu (Residencias Walden) e Valen Via (Casa de Lava).

Post navigation

Previous: Brión conmemorará o mes da biblioteca con espectáculos gratuítos todos os venres
Next: Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.