Padrón, 26 de marzo do 2018 – Éxito de participación na V Ruta Rosaliana organizada este fin de semana polo Club Ciclista Padronés. Á cita acudiron un centenar de corredores de categoría Master e Junior para completar o circuíto de 75 quilómetros con saída e meta en Campo do Souto.
O vencedor V Ruta Rosaliana foi Iván Vidal ( Arcadecycles) con 2 segundos de vantaxe sobre o pelotón. O segundo en cruzar a meta foi o xuvenil Uxío San Martín (Cortizo- Anova), líder en categoría xuvenil. Pablo Liñares (Os Esfola Arrós) foi o primeiro da categoría masters-30 e Javier de la Fuente ( Norinver) en masters-50/60.
Consulta a clasificación completa aquí
San Martín non baixa do podio
E tras o seu brillante debut en casa, Uxío San Martín subíase este domingo ao terceiro caixón do podio en Sigüeiro. A Copa Galicia Máster celebraba a súa segunda proba, o III Memorial Fernando Abad, no Concello de Oroso, á que tamén acudiron os Juniors. San Martín levou o terceiro premio da proba na súa categoría.