Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Vedra

Novo éxito da Festa do Viño da Ulla

A Festa do Viño da Ulla contou coa participación da conselleira do Medio Rural e o titular de Cultura, Lingua e Xuventude ademais do Director Xeral de Turismo.

Auyotidades na Festa do Viño da Ulla

Vedra, 13/04/2026 – A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor o viño da Ulla dentro da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas e reafirmou o compromiso da Xunta con este sector.

Gómez destacou os apoios da Xunta ao viño do ulla que se materializan a través de diversas vías, entre elas un investimento anual de arredor de 12 millóns de euros. Estes fondos, subliñou, destínanse a iniciativas para modernizar viñedos e facelos máis sustentables, para a elaboración e a comercialización, así como para a promoción deste eido, entre outros obxectivos.

A conselleira interveu no marco da XLIV Festa de Exaltación do Viño da Ulla, que se celebra en Vedra e á que tamén asistiu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ambos estiveron acompañados polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, pregoeiro nesta edición; e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez.

Neste contexto, a titular de Medio Rural salientou que o viño da Ulla ten “un estilo propio” dentro da DO Rías Baixas, e destacou o seu “corpo e equilibrio”, así como os seus “sabores de froita madura”. Puxo de relevo, asemade, o feito de que dende o ano 2000 se conseguise a integración desta subzona dentro de Rías Baixas, cuestión que lle confire altos estándares de calidade.

A conselleira definiu ademais a viticultura galega como “paisaxe, economía, traballo e futuro” e cualificou aos axentes deste sector como “os mellores representantes desa Galicia Calidade da que nos sentimos tan orgullosos”.

Nesta mesma liña o responsable de Cultura referiuse á “compoñente cultural que leva engadida este sector tan arraigado na Comunidade” e, concretamente, á celebración deste tipo de festas “como símbolo da nosa identidade colectiva”.

Atractivos turísticos de Vedra

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, foi o encargado de ler o pregón desta edición da Festa da Exaltación do Viño da Ulla. Durante a súa intervención, referiuse ao enoturismo como unha oportunidade para “poñer en valor a paisaxe, o patrimonio e as persoas”, aludindo ás características que complementan o viño da ribeira do Ulla como atractivo turístico.

Neste sentido, subliñou  que propostas como as de Vedra exemplifican á perfección esta visión, onde “cada visitante que percorre os viñedos, degusta un albariño da ribeira do Ulla ou camiña polos xardíns históricos” está a contribuír activamente ao desenvolvemento do territorio. Trátase dun modelo sostible que conecta coas novas demandas do viaxeiro, combinando experiencia, autenticidade e identidade.

Do mesmo xeito, “a Festa de Exaltación do Viño da Ulla non é só unha celebración de produto; é unha celebración de persoas, de esforzo, de historia e de futuro”, converténdose nun exemplo claro do valor das festas de exaltación dentro da estratexia turística galega.

En conxunto, salientou que eventos deste tipo consolidan Galicia como un destino singular, onde tradición e innovación se dan a man para ofrecer experiencias memorables arredor dos seus produtos máis representativos.

Post navigation

Previous: Valle-Inclán volve ao Casino
Next: Un novo Club de Lectura en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.