Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois

Éxito do NaturFest de Rois que reuniu a 750 persoas na primeira edición

20180728_RoisNaturFest_2_Chorima_pequenos-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Rois, 30 de xullo do 2018 –  Máis de 750 persoas participaron o pasado sábado nas actividades do Festival NaturFest de Rois, co que a agrupación OCT Chorima e o Concello de Rois quixeron poñer en valor as tradicións culturais e a contorna natural do municipio.
    • Trail e andaina

Rois, 30 de xullo do 2018 –  Máis de 750 persoas participaron o pasado sábado nas actividades do Festival NaturFest de Rois, co que a agrupación OCT Chorima e o Concello de Rois quixeron poñer en valor as tradicións culturais e a contorna natural do municipio.

O campo da festa de San Mamede acolleu un NaturFest marcado pola música tradicional, xogos e unha comida popular nunha xornada que culminou coa actuación, á noitiña, de dous grandes conxuntos referentes do folk galego: Virandeira e Pepe Vaamonde Grupo.

Esta era a primeira das edicións do Festival NaturFest, que xorde da unión de dúas citas previas, o Chorima Naturfest e o Rois Arrasa!!! (este último promovido polo Concello). A cita quere converterse nun referente para os afeccionados ao folk da contorna, nun municipio cunha canteira musical especialmente fecunda. Para a festa dispuxéronse dous escenarios (un pequeno, para as actuacións máis tradicionais, e un móbil de grandes dimensións, para os conxuntos da noite) na carballeira situada a carón da igrexa de San Mamede. Tamén se instalou unha carpa na que se levou a cabo o xantar popular do mediodía, no que participaron arredor de 150 comensais. A puxanza da base musical puido comprobarse coas actuacións matinais dos conxuntos locais Repeniqueiras de Urdilde e Pandeireteiras de Ermedelo, mostra do traballo interxeneracional que se leva a cabo no eido musical no concello. Pola tarde, tras do xantar, as encargadas de poñer a música foron de novo as diferentes agrupacións do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima (desde os conxuntos infantís ata os de máis veteranía) e da asociación San Xiao do Trebo, de Cariño. A recollida carballeira serviu tanto de zona para gozar coas pezas máis tradicionais como de área de descanso para prepararse para a festa nocturna ou de xogos para a infancia. Neste mesmo lugar, rodeada de carballos, instalouse a última hora do serán unha Ciclobiblioteca coa que os nenos e as nenas puideron gozar de contos, cancións e libros pensados para a sua idade.

Pola noite, no escenario grande, o NaturFest vibrou coas actuacións de dous conxuntos punteiros na música folk do país. En primeiro lugar, mentres marchaba o sol, actuou o grupo vigués Virandeira. A súa fusión de sons celtas e rock fixo bailar ao público máis novo e preparou o terreo para a actuación de Pepe Vaamonde Grupo. O conxunto, encabezado por un dos gaiteiros máis virtuosos de Galicia, repasou temas dos seus quince anos de carreira, centrando a actuación no seu último disco, dedicado ao lume, e facendo un aceno á importancia que Rois ten para a música popular galega: o propio Vaamonde afirmou, desde o escenario, que o municipio é un dos lugares nos que se recolleu unha parte importante das cancións tradicionais que hoxe se interpretan en toda Galicia.

Trail e andaina

Como complemento á cita musical, pola mañá celebráronse unha andaina popular para coñecer zonas de Rois con especial valor medioambiental; e unha competición de trail de 14,5 quilómetros na que participaron 155 atletas afeccionados.

Post navigation

Previous: Denuncian os cortes de luz do Val de Vea en A Estrada
Next: Charlize Theron por partida dobre na crítica de cine semanal de Mandingo

Máis novas

Andaina por parellas de Rois
2 minutes read
  • Axenda

Andaina por parellas en Rois

Imaxe da sesión plenaria celebrada en Rois
4 minutes read
  • Rois

Rois cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa

Responsables das gravacións das pandereteiras de Rois
4 minutes read
  • Xeral

As gravacións de 1986 das pandereteiras de Rois chegan ao Consello da Cultura

Cartel da exposición sobre a pandeireta
2 minutes read
  • Axenda

A pandeireta galega será a protagonista dunha exposición desde o día 22

Imaxe do pleno de Rois celebrado o venres 8 de maio
2 minutes read
  • Xeral

Pleno en Rois co lixo e o SAF como temas destacados

Unha das actuacións do ano pasado en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Cultura Dispersa en Rois

Cartel das festas de Santo isidro en Rois
4 minutes read
  • Axenda

Rois preparase para o Santo Isidro

Presentación do cartel das Festas de Santo Isidro en Rois
2 minutes read
  • Xeral

María Dolores Busto Beade asina o cartel das Festas de Santo Isidro Labrador 2026 en Rois

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.