Compostela, 08/06/2026 – Área Central encheuse un ano máis de familias e nenos que mostraban a súa capacidade maker e as súas ideas máis innovadoras. A Maker Faire Galicia conta co apoio do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia e organízase e opera de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC, mantendo o seu compromiso de fomentar a creatividade, a innovación e o talento na comunidade maker.
Na inauguración participou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que puxo en valor “o compromiso e a consciencia social da Maker Faire Galicia, fiel á filosofía do movemento maker que reivindica o coñecemento compartido, a democratización da tecnoloxía e o aprender facendo”.


A do Emprendemento e a Innovación Social é a primeira das tres xornadas da Maker Faire Galicia, que chega á súa XII edición consolidada como evento de referencia do ámbito da innovación, non só en Galicia senón no conxunto do Estado.


No evento participaron máis de 150 maker, chegados de diferentes países do mundo. A programación contou con obradoiros para todos os públicos, moitos deles pensados para achegar o coñecemento tecnolóxico ao público infantil; e ponencias que este ano poñen o foco no uso da tecnoloxía para mellorar a inclusión e a vida de colectivos como o das persoas con discapacidade.
Tras a xornada de este sábado, a Maker Faire Galicia celebrará outras dúas xornadas na Casa das Máquinas: o 9 de outubro, centrada na Industria; e o 20 de novembro, coa xornada dos Oficios.
