Vedra, 16 de marzo do 2018 – O concello de Vedra organizará unhas xornadas técnicas sobra a cultura do viño dentro das actividades da 38º edición da Exaltación do Viño da Ulla.
As xornadas técnicas terán lugar do 21 ao 24 de marzo na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón co seguinte programa:
[tabs]
[tab title=”Mércores 21“]Conferencia:”Manexo de material vexetal da vide: enxerto” Práctica de campo Intervén: Francisco Rego Martínez. Técnico Especialista en Viticultura.[/tab]
[tab title=”Xoves 22“]”Novas tendencias na viticultura: viños de produción integrada, viños ecolóxicos e espumosos” Cata Comentada.
Intervén: José Luís Aragunde (Sumiller). Campión do Mundo de Cata de Viños 2015[/tab]
[tab title=”Venres 23“]”A cociña e o viño: Maridaxe de tapas elaboradas con produtos característicos do territorio (Lamprea, galo de curral, empanada, salmón, filloa, queixo…) con viños
da Subzona Ribeira do Ulla da D.O. Rías Baixas”
Cociñeiros do “Grupo Nove”: • Iñaki Bretal Restaurante Eirado da Leña- Pontevedra)
Roberto Filgueira (Restaurante O Balado-Codeso) • Marta Fernández Rey; Sumiller[/tab]
[tab title=”Sabado 24“]Irmanamento coa Subzona Condado do Tea da D.O. Rías Baixas
Programa: recepción, visita a adegas e coñecemento do seu proxecto vitivinícola.[/tab]
[/tabs]
Laconada en San Pedro de Sarandón
A comisión de festas de San Pedro de Sarandón organiza o día 25 unha laconada. A data límite de inscrición é o día 20 e pode facerse nos telefonos
inscricións 645 655 005 / 609 87 56 50. O prezo é de 15 euros por persoas pero os cativos ata dez anos acceden gratis.
Festa da Primaveira
Este ano as actividades incorpórase a I Festa da Primavera que se celebrará en Santa Cruz de Ribadulla o próximo día 29 de marzo. En ela presentaranse os novos espectáculos das orquestras Panorama e París de Noia.
A XXXVIII Exaltación do viño da Ulla
O 8 de abril péchase a Exaltación co día grande en San Miguel de Sarandón. As 12.00 h. Inaugúrase a “Praza do Viño” e a Mostra dos Viños da D.O. Rías Baixas – Subzona Ribeira do Ulla e ademais terá lugar un concerto da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla. Unha hora máis tarde o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, fará o saúda e dará paso ao pregoeiro José Antonio “Blas” Pinon (Cantante da Orquestra París de Noia). A continuación entregaranse os premios da Cata-Concurso dos Viños Rías Baixas Albariño da Subzona Ribeira do Ulla e farase o nomeamento da “Orde dos amigos e amigas da Bota do Viño da Ulla”. A mañá rematará coa actuación de De Vacas.
Xa a partir das catro, no tempo denominado “viño tradicional”, a AC San Campio presenta aos grupos de música e baile Os Laxeiriños, Os Campiños, Pandereteiras Dedaleiras. A continuación actuarán Cantigas e Agarimos.
A partir das 17,45 chega o “viño festeiro” co desfile dos Xigantes de Liñaio, a Charanga BB+ e a Banda da Balbina para rematar todo coa Orquestra Jerusalen.
Espazo Viña
A maiores de todas as actividades ao longo de todo o día haberá un espazo promocional dos Concellos da Subzona Ribeira do Ulla. Durante todo o día faranse sorteos de lotes de produtos da Ulla e daranse premios premios ás mellores Peñas: a máis numerosa, a máis festeira, etc.