Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro

Un evento a favor da mina de Touro incumpre a normativa sanitaria

Según denuncia o colectivo Arzúa Sostible, varios centos de persoas reuníronse, nunha coñecida sala de festas de Touro, nun evento a favor da mina que incumpriu a normativa sanitaria.
acto-mina-en-touro-slide-normal-28-marzo-2022_r

Touro, 28 de marzo do 2022 – Según denuncia o colectivo Arzúa Sostible, varios centos de persoas reuníronse, nunha coñecida sala de festas de Touro, nun evento a favor da mina que incumpriu a normativa sanitaria.

A velada a favor da mina tivo lugar o pasado venres e cando, según o comunicado,  “Galicia está a presentar a máxima incidencia acumulada de Coronavirus a nivel peninsular atopándose en risco moi alto de contaxio”.

Ä discoteca acudiron centos de persoas e según testemuñas presenciais (que nos fixeron chegar imaxes que non poden ser usadas de xeito público) “non se respectaron moitas das recomendacións establecidas en relación coa pandemia, feitos que veñen de poñerse en coñecemento da Consellería de Sanidade”.

Segundo relatan, aínda que na entrada a organización entregou máscaras hixiénicas aos asistentes durante o evento non se respectou na meirande parte dos casos a distancia social e moitos participantes renunciaron a usala en distintos momentos do acto como así o demostran as imaxes mencionadas.

Desde Arzúa Sostible  fan constar “o seu rexeitamento a este tipo de actitudes que supoñen unha irresponsabilidade e un risco evidente para a saúde pública”. Fontes veciñais sinalan que moita da xente participante non tiña relación algunha nin cos concellos de Touro e O Pino nin coa comarca de Arzúa polo que “unha vez máis demóstrase que o único que pretende a asociación instrumental da mineira Cobre San Rafael é simular un apoio e unha licenza social da que realmente carece”.

Post navigation

Previous: Peche na hostalería… ou non
Next: Denuncia por unha presunta prevaricación en oposicións locais

Máis novas

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Estrada de Touro, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

Touro consegue sacar adiante o POS adicional 2025 da Deputación da Coruña

Momento da entrega da documentación do Pazo de Andeade ao Arquivo Universitario
4 minutes read
  • Xeral

O fondo documental do Pazo de Andeade incorpórase ao Arquivo Histórico universitario

Vista actual da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

Touro ofrece á veciñanza modelos de alegacións contra o proxecto mineiro

Cartel nunha manifestación en contra da reapertura da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

A reapertura da mina de Touro de novo unha posibilidade

ulla fest 2026 (3)
1 minute read
  • Touro

Touro acada un éxito co Ulla Fest

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.