займ срочно

EuroBattery Minerals asegura que pode comezar unha explotación mineira en Santa Comba “mañá mesmo”

0

Santa Comba, 12 de outubro do 2020 – A mineira sueca EuroBattery Minerals asegura poder comezar de inmediato unha explotación en Santa Comba pese as negativas da Xunta.

Ecoloxistas de ContraMINAcción, e de colectivos suecos, participaron nunha reunión organizada por EuroBattery para potenciais accionistas. Na presentación o responsable da empresa dixo que “Podemos comezar a explotación mañá mesmo” como se pode ver no seguinte vídeo da presentación

 

Según o colectivo ContraMINAcción a empresa minte aos accionistas con estas declaracións xa que non conta coas licenzas precisas. O certo é que a mineira sueca xa realizou sondaxes a grande profundidade sen autorización ningunha e ante ” a pasividade da Dirección Xeral de Enerxía e Minas” según denuncian os ecoloxistas.

Os ecoloxistas interviron en distintas ocasións para alertar de que o proxecto denominado “Corcel” non conta nin con autorización nin co apoio da poboación. O directivo Roberto García Martínez afirmou, como resposta, que Corcel Minerals “ten unha concesión de explotación (‘full mining license’) que nos permite facer todo o que queiramos, incluíndo comezar a explotación da mina mañá mesmo, porque cumprimos con toda a lexislación española”.

A Xunta denegou a segregación

En xuño pasado a Xunta de Galicia denegaba a transmisión de  dereitos da antiga explotación “Carmen” a Corzan Minerals. A empresa. pese a esta resolución, insistiu en que conta cunha concesión de explotación duns 10 km2 vixente ata o ano 2068.

Segundo o directivo, o único motivo para non comezaren a furar mañá mesmo sería que queren coñecer mellor onde están os recursos mediante sondaxes e así ampliar a zona de explotación desde a inicialmente proposta na Braña da Serra, entre as parroquias de Castriz, Boaña e Salgueiras, aos espazos naturais de Monte Maior e Monte Castelo, mais ao leste

A historia

A empresa sueca adquiriu por 2,5 millóns de euros, en febreiro de 2019, unha pequena mercantil con sede en Oleiros, Corcel Minerals SL, da que era socio maioritario José Manuel Corbal Debén.

O empresario coruñés estivera anteriormente ao cargo das minas de Varilongo e San Finx con Incremento Grupo Inversor SL, empresa hoxe disoluta xudicialmente por bancarrota.

Corbal Debén conseguiu reter o control da mina de Varilongo facéndose con ela durante o concurso de acredores a través da empresa Galica Tin & Tungsten SL, nominalmente subsidiaria de sociedades opacas establecidas en Hong Kong e nas Illas Virxes Británicas.

Corbal Debén, a través de Ulex Recursos SL, está detrás tanto do novo proxecto de converter a vella mina de volframio e estaño de Varilongo nunha explotación a ceo aberto, como do proxecto de minaría de níquel, cobre e cobalto con EuroBattery Minerals.

Corbal Debén tentou segregar un anaco dunha das vellas concesións de Varilongo denominada “Carmen”, concedida en 1944, transferíndoa por un prezo simbólico (100 euros) de Galicia Tin & Tungsten SL á recentemente creada Corcel Minerals SL. A idea era que esta nova empresa, unha vez vendida aos inversores suecos (por 26,4 millóns de coroas, uns 2,5 millóns de euros), puidese explotar un xacemento de níquel, cobre e cobalto que se encontra baixo a inmensa Braña da Serra, nas proximidades de Castriz (Santa Comba), con continuidade nas zonas próximas de Salgueiras, Monte Maior e Monte Castelo. Para estas zonas teríanse solicitado permisos de investigación abranguendo outros 22 km2, pero que non constan nin en diarios oficiais ni no Censo Catastral Mineiro.

Escasos días despois de que se consumara a venda de Corcel Minerals á sueca EuroBattery Minerals, a Xunta informou desfavorablemente a solicitude de segregación, emitíndose en maio de 2019 unha proposta de resolución denegando a creación do novo dereito mineiro. A día de hoxe a proposta virou firme cunha resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas que indicaba que a segregación pretendida era ilegal. A pesar destes feitos, a continuidade dos sondeos ten provocado unha intensa reacción local, oposta a calquera proxecto deste tipo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies