Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Un estudo alerta de que Altri afectaría a especies protexidas

O impacto da pasteira Altri incidiría de xeito directo en toda a zona na que se atopa a Centaurea gallaecica, catalogada como vulnerable.

adega altri especies protexidas 23 xaneiro 2026

Altri segue a xerar rexeitamentos e tamén informes e estudos sobre o risco medio ambiental que supón. Adega alerta en este caso da afectación a unha especie protexida e catalogada como vulnerable.

Os investigadores Iván Orois Longarela e Martiño-Fiz López Lindoso, veñen de publicar na revista Micolulus (número 12 – ano 2025) un artigo no que actualizan a distribución e caracterización do hábitat de Centaurea gallaecica, unha planta vascular endémica de Galiza.

Centaurea gallaecica é unha especie exclusiva das rochas ultrabásicas do centro do país, cunha distribución coñecida que se estende desde Teixeiro (Curtis) ata Cira (Silleda). A súa principal área de presenza localízase nas rochas serpentínicas da contorna de Melide, a zona ameazada polo proxecto de instalación dunha fábrica de celulosa da multinacional Altri.

O traballo de investigación revisa a bibliografía existente e as citacións históricas da especie, e logra duplicar a súa área de distribución coñecida. En termos de cuadrículas UTM de 10×10 km, pásase de 6 a 12 cuadrículas, mentres que a escala máis detallada de 1×1 km supón un avance aínda maior, ao incrementarse de 17 a 111 cuadrículas con presenza confirmada da especie.

O estudo inclúe tamén unha caracterización do hábitat no que se desenvolve Centaurea gallaecica e establece o seu rango altitudinal coñecido entre os 144 e os 751 metros sobre o nivel do mar. Esta planta atópase incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de Vulnerable.

O feito de que estea catalogada implica a obriga de adoptar medidas correctoras no caso de que proxectos como o de Altri resulten compatibles tras un Estudo de Impacto Ambiental (EIA). Porén, os autores lembran que un EIA tamén pode, e debe. declarar incompatible unha actuación cando esta afecta de maneira directa á área central de distribución dunha especie ameazada.

Segundo os criterios da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), a perda ou recesión constatada da área de distribución de Centaurea gallaecica podería provocar o seu paso da categoría de Vulnerable (VU) á de En Perigo (EN), o que implica o aumento do risco de extinción por unha actividade económica evitable e que non precisa localizarse na área de ocupación desta especie endémica.

Os autores do estudo manifestan a importancia da conservación da biodiversidade, especialmente no caso de especies escasas ou ameazadas, nun contexto de crecente presión ambiental e cambio climático. Só a través do coñecemento rigoroso do territorio e das súas especies é posible valorar e protexer axeitadamente xoias naturais únicas como Centaurea gallaecica, patrimonio natural do centro de Galiza.

e 1

Post navigation

Previous: Denuncian o deterioro do ximnasio municipal de Santa Comba
Next: Arzúa adianta parte da programación do Entroido

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.