Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada

Novas tecnoloxías para valorizar os cabalos salvaxes

xornada de presentación dun proxecto de valorización dos cabalos salvaxes por medio de novas tecnoloxías.
a-estrada-sabucedo-solucions-valorizacion-cabalos-slide-16-outubro-2019-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • A Estrada, 16 de outubro do 2019 – O lugar de Sabucedo, na estrada, acolleu unha xornada de presentación dun proxecto de valorización dos cabalos salvaxes por medio de novas tecnoloxías.  
    • O GOI Bestas
    • Novas tecnoloxías
    • O acto

A Estrada, 16 de outubro do 2019 – O lugar de Sabucedo, na estrada, acolleu unha xornada de presentación dun proxecto de valorización dos cabalos salvaxes por medio de novas tecnoloxías.  

Trátase dun traballo no que a Asociación Rapa das Bestas leva traballando case tres anos. O obxectivo atopar solucións innovadoras para xestionar e por en valor o sistema tradicional de manexo dos cabalos salvaxes ou bestas de Galicia.

O GOI Bestas

proxecto de valorización dos cabalos salvaxesTodo parte da creación do Grupo Operativo de Innovación (GOI Bestas) en colaboración co grupo Biocost da Universidade da Coruña, coa empresa 3edata e co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (AGACAL) e coordinado pola Asociación Rapa das Bestas.

O proxecto desenvolveuse maioritariamente en Sabucedo, con algunhas accións na finca experimental do Marco da Curra, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Novas tecnoloxías

Foron varios os métodos usados para atopar novos xeitos de xestión dos cabalos.

O uso de colares GPS nas eguas durante un ano permitiu establecer recomendacións para a correcta aplicación desta tecnoloxía noutros montes e proporcionou valiosa información da poboación de Sabucedo. O censo é de 255 animais (excluíndo poldros do ano), con áreas de campeo de 200-500 ha nas greas estables e entre 8-29 individuos por grea, que teñen unha alimentación moi equilibrada entre herbáceas e toxo.

O uso de drons na xestión das greas para o que  tres membros da Asociación acreditáronse como pilotos. Unha tecnoloxía que aporta principalmente tres utilidades: asiste no traballo no monte de revisar as greas, permite mover unha grea cando están nunha zona problemática e tamén adquirir imaxes dende o aire fundamentais para por en valor as bestas con gran potencial para investigación.

A Universidade da Coruña e 3edata desenvolveron unha ferramenta cartográfica para asistir na xestión de comunidades de montes con bestas. Inicialmente permite identificar as zonas con mato denso e excesivamente desenvolvido en altura con maior risco de incendios. Pero sobre todo esta ferramenta constitúe unha iniciativa innovadora no senso que por primeira vez se relaciona a xestión do medio forestal e a conservación de hábitats coa presenza de cabalos salvaxes no monte pondo en valor esta funcionalidade esencial das poboación de cabalos nativos que habitan nas serras de Galicia.

Finalmente construíuse un peche electrificado para observar e poder comparar a efectividade e vantaxes e desvantaxes fronte a outro tipo de peches feitos con arame ou malla máis tradicionais.

Na xornada expuxéronse tamén os resultados das accións desenvolvidas no Marco da Curra que puxeron de manifesto uns primeiros datos sobre o efecto positivo dos cabalos no mantemento da calidade e produtividade de pastizáis mellorados. As mesmo mostráronse os avances en acordos de custodia nun contexto complicado con múltiples comunidades de montes e propiedades privadas.

O acto

Inaugurou o acto o tenente alcalde de A Estrada Juan Constenla. Para pechar a xornada, o invitado de honor D. Enrique Alonso García, Consejero de Estado, proporcionou aos asistentes a súa visión sobre a relación entre cabalos e humanos, e a importancia das poboacións de cabalos silvestres no marco Europeo, felicitando aos responsables do proxecto polo punteiro dos plantexamentos .

proxecto de valorización dos cabalos salvaxesAo rematar a conferencia abriuse unha mesa redonda na que participaron todos os asistentes con preguntas de diversa índole, sobre todo dirixidas a problemáticas como a do lobo ou a problemática da relación entre besteiros e comunidades de montes, dende diversos puntos de vista, como o legal, o ecolóxico, o social.

A xornada completouse cunha exposición de ferramentas tradicionais e innovadoras relacionadas co manexo dos cabalos salvaxes, unha exposición sobre a Rapa das Bestas e sobre os valores dos cabalos bravos e o seu sistema tradicional de manexo e tamén con diferentes elementos relacionados cos cabalos e as rapas dente un punto de vista máis artísitico, fotorafías, óleos, pezas de artesanía…

Un peche con ambiente festivo, música e degustación de produtos locais foi o colofón dunha xornada instrutiva e amena á que asistiron casi un cento de persoas.

Post navigation

Previous: Propoñen a elaboración dun Plan Municipal Integral contra o ruído nocturno en Compostela
Next: Melide denuncia os problemas do Camiño de Santiago

Máis novas

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Caratula do libro Andrómedas e Credos
2 minutes read
  • A Estrada

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes
2 minutes read
  • Xeral

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Cartel concentración contra a pesca do salmón
5 minutes read
  • A Estrada

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

a estraa bng sinalizar fochancas 19 xaneiro 2026 (1)
2 minutes read
  • A Estrada

Iluminando as fochancas

negreira reunion SLIDE
1 minute read
  • A Estrada

Tres Negreira

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.