Bisbarra, 12 de setembro do 2022 – O concello da Estrada ven de presentar a segunda edición do Son dos Arrieiros, un festival que busca consolidarse en setembro como mostra do mellor da música feita en Galicia.
O cartel ofrece un panorama amplo dos distintos estilos que soan na actualidade. Inclúe ademais algunha sorpresa cun referente como Susana Seivane. O Festival foi presentado pola directora do Son dos Arrieiros, Patricia Hermida, e o alcalde da Estrada, José Luís López.
O Son dos Arrieiros celebrarase, de balde, do venres 16 ao domingo 18. Un total de 21 grupos participarán na cita da Estrada. Catro escenarios no centro urbano da Estrada acollerán os concertos, a maioría ao aire libre.
A Praza da Feira e a Carballeira anexa serán dous dos espazos. O Teatro Principal servirá para a estrea do novo traballo da Banda da Loba. A maiores haberá unha intervención sorpresa na nova pRaza de Abastos do concello.
O venres será precisamente a Banda da Loba a que estree os eu novo disco, Xabón Lagarto, as nove da noite. Despois Berto e C. Mirazo pecharán a xornada na Praza da Feira.
O sábado as actuación serán continúas desde as doce do mediodía. Mundo Perstigio, Mundo Prestigio, The Rapants, María Grep, Youcanthide e Grima sucederanse ata as oito da tarde. Noutro escenario do Campo da Feira estarán Treintañeras cañeras, Catuxa Salom, Allova e Copa Turbo.
O Son dos Arrieiros proseguirá no Teatro Principal as nove da noite cun cocerto do grupo Néboa. Thee Blind Crows, Ortiga e Señora dj actuarán a continuación nos escenarios exteriores, a partir das dez.
Susana Seivane y Caamaño & Ameixeiras serán os encargados dunha intervención especial, da que se sabe moi pouco, na Praza Nova do concello o mesmo sábado.
O domingo será a quenda de Grande Amore, a partir das doce e media na Praza da Feira, e Kris K Dj, as 13.30, como peche do Son dos Arrieiros.