Bisbarra, 25 de agosto do 2022 – O concello da estrada ven de rematar as obras de mellora do Teatro Principal que contaron cun investimento de 45.000 euros.
O financiamento procede do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As melloras consistiron na modernización do equipamento de son e iluminación do Teatro Principal, así como na construción dun vestíbulo previo á zona de butacas.

Entre as actuacións que se levaron a cabo atópanse a instalación dunha nova consola de mesturas e unha consola de control de luces; a colocación de dous altavoces; a instalación de 14 novos focos; un novo elevador para levar a cabo traballos de iluminación do escenario; e a construción dun peche de madeira de carballo para dotar ao espazo dunha cámara escura anterior á zona de butacas.


