Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada

A Estrada Dixital podería converterse en operador virtual de cable

O operado municipal de internet da estrada, A Estrada Dixital, estudará a comercialización de fibra e telefonía.
a-estrada-operador-virtual-slide-30-novembro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • A Estrada, 30 de novembro do 2020 – O operado municipal de internet da estrada, A Estrada Dixital, estudará a comercialización de fibra e telefonía.
    • Converterse en comercializador

A Estrada, 30 de novembro do 2020 – O operado municipal de internet da estrada, A Estrada Dixital, estudará a comercialización de fibra e telefonía.

A Estrada Dixital é unha actividade da Fundación Cultural A Estrada, unha entidade sen ánimo de lucro dependente Concello da Estrada.  Na actualidade xestiona unha rede sen fíos que da cobertura a máis de 2.000 usuarios da Estrada, Vedra, Padrón e Teo.

Converterse en comercializador

A reunión do padroado o pasado xoves tratou unha iniciativa do BNG para converter A Estrada Dixital en operador virtual. O cambio permitiría comercializar fibra e telefonía móbil. Segundo explicou a representante  nacionalista no padroado, Clara Iglesias, “a proposta foi ben acollida no seo do padroado e acordou estudar a viabilidade desta iniciativa”.

Iglesias explica que “Desde o BNG gustaríanos que o padroado tomase unha decisión xa o propio xoves, mais entendemos que o lóxico é estudala, analizala, ver as necesidades, os custes,… polo que daremos un tempo para este traballo se poida desenvolver”.

O BNG considera que é “urxente actuar para que A Estrada Dixital non se quede atrás, dados os cambios que se están dando no mundo das telecomunicacións, tamén no noso concello”.

A concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “esta iniciativa que presentamos xa no mes de setembro ten por obxectivo fortalecer o proxecto de A Estrada Dixital nun mercando cambiante, e ademais proporcionar un servizo de acceso a internet e telefonía móbil a prezos asequibles, desde unha entidade municipal, A Estrada Dixital, sobradamente coñecida entre os veciños e veciñas e con traxectoria e solvencia suficientes para desenvolver este traballo”.

Post navigation

Previous: Comeza o Outono Códax Festival en liña
Next: O Plan Único da Deputación destina 19 millóns á bisbarra

Máis novas

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Caratula do libro Andrómedas e Credos
2 minutes read
  • A Estrada

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes
2 minutes read
  • Xeral

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Cartel concentración contra a pesca do salmón
5 minutes read
  • A Estrada

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

a estraa bng sinalizar fochancas 19 xaneiro 2026 (1)
2 minutes read
  • A Estrada

Iluminando as fochancas

negreira reunion SLIDE
1 minute read
  • A Estrada

Tres Negreira

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.