Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Medra a preocupación polo parque eólico de Xesteiras na Estrada

O BNG da Estrada esixirá ao concello que presente un recurso de alzada contra a declaración favorable do parque eólico de Xesteiras.
adega-eolicos-no-deza-slide-1-xunho-2023_r

Bisbarra, 7 de marzo do 2024 – O BNG da Estrada esixirá ao concello que presente un recurso de alzada contra a declaración favorable do parque eólico de Xesteiras, obtida en outubro pasado.

A empresa reduciu os aeroxeradores de 8 a 6 para conseguir a declaración favorable pero iso non evita a preocupación da veciñanza. Os nacionalistas instarán, no pleno de hoxe, ao goberno local a que presente o recurso porque “sabe perfectamente o malestar e a inquietude que provoca este parque eólico nos montes de Vea”.

O voceiro do BNG da Estrada, Xoan Reices, explica que “O parque eólico de xesteiras non é só un atentado medioambiental, atenta contra o benestar dos veciños e veciñas de Vea, unha zona das máis poboadas do concello, que verán medrar nos seus montes a sombra alongada do espolio que enriquece o peto das eléctrica, mentres os veciños e veciñas perden calidade de vida”.

O nacionalista pon o foco na parroquia de Santa Mariña de Barcala que quedará “encerrada entre o parque eólico de Xesteiras e o de Castro Valente, separados por pouco máis de tres quilómetros de distancia”. Reices considera isto “intolerábel e o concello da Estrada non pode ficar calado, por moito que a legalidade vixente permita estes disparates”.

A problemática vai máis alá xa que, segundo o BNG, están en risco as traídas de auga potábel da que se nutren os veciños e veciñas “van verse afectadas infraestruturas públicas municipais como viais e alumeado público”.

O concelleiro indica que “o recurso de alzada do concello non pode ser un mero trámite, ten que estar ben fundamentado para parar este parque eólico; de non conseguilo con este recurso, xa avisamos que pediremos no pleno que o concello presente tamén recurso no xulgado”.

Post navigation

Previous: Ames traballa xa na limpeza dos montes de cara ao verán
Next: O pregón abre este sábado o programa de actos da Semana Santa de Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.