Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Espazo Común renova a executiva

espazo comun renova executiva slide 28 abril 2025

O partido formado e presidido polo ex socialista Pachi Vázquez ten na nova executiva dúas mulleres de Ames: Luisa Feijoo e Carmela Pardal.

Nun momento no que o PSdG non pasa polos seus mellores momentos un partido saído das súas filas como Espazo Común aproveita para renovar a executiva galega. Nas últimas eleccións autonómicas presentáronse dentro da plataforma Espazo Común Galeguista.

En ese comicios só conseguiron 1492 votos pero Pachi Vázquez insistía en que era un proxecto a longo prazo e que en Galicia existían 400 concelleiros independentes, número que a estas alturas aumentou. Na actualidade teñen 13 concelleiros en toda Galicia e forman parte do goberno de A Guarda.

Na bisbarra o referente é Ames onde conseguiron unha concelleira, Luísa Feijoo, saída tamén do Psoe local. Agora de xeito máis ou menos disimulado todos miran aos expulsados de Santiago e as decisións que tomen.

Unha executiva con presenza feminina e amiense

A nova executiva de Espazo Común Galego segue liderada por Pachi Vázquez, fundador do partido. Nun acto no Caballiño elixiron tamén a Luisa Feijóo, voceira de Ames Espazo Común, como Secretaria de Coordinación e Carmela Pardal, tamén de Ames, que ocupa a Secretaría de Política Social. O mazaricán Javier González Trillo pasa a ocupar o cargo de Secretario de Organización.

Ao acto asistiron representantes de diferentes formacións que, segundo se dixo, conforman alternativas políticas aos “3 de sempre”  e na que contouse cá presenza de  Xosé Antonio Ventoso Mariño, un ex socialista que chegou a ser parlamentario e alcalde de Ribeira. Mariño pediu a suspensión de militancia no 2010 por sentirse “acosado pola executiva”.

As vindeiras eleccións locais do 2027 volverán a poñer a proba a forma de este movemento e que capacidade ten de reunir apoios e, o máis importante, votos.

Post navigation

Previous: O Coro do Mestre Mateo nos Luns do Ateneo
Next: A Baña máis cerca de ter un polígono industrial en Eiroa

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.