Bisbarra, 24 de febreiro do 2025 – Espazo Común acusa ao goberno municipal de Ames de “maltrato político” despois de “esquecer” avisalos dunha comisión.
O grupo político denuncia que se decataron no último momento da convocatoria dunha comisión sobre o estudio do aparcamento do Milladoiro. No pleno no que se aprobou dita comisión acordouse que asistiría un representante de cada grupo político e o goberno municipal, segundo Espazo Común, avisou a todos os partidos menos a eles.

Luísa Feijoo, voceira de Espazo Común e única concelleira, acusa ao goberno municipal de “obstruír o traballo do seu grupo de sufrir maltrato político”. Pon exemplos de varios incumprimentos como a non resposta aos escritos presentados por rexistro ou dar respostas que non teñen que ver con preguntado.
Engaden que se lles denega o accesos “a expedientes que, como parte do pleno, teñen dereito a consultar para exercer a súa labor fiscalizadora”
Nun comunicado emitido este domingo, Espazo Común pregúntase si toda esta “desinformación e escurantismo é deliberada, si se trata dun abuso de poder ou de neglixencia”.
