Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Esixen a renovación do Centro de Saúde de Negreira

negreira psoe centro saude 20 xullo 2025

As peticións para mellorar a estrutura e solucionar as humidades son recorrentes desde hai anos sen que polo momento pareza que se vaian solucionar.

O Centro de Saúde de Negreira hai tempo que precisa de arranxos a xulgar polas demandas reiteradas do concello. Pediuse en marzo pasado cunha concentración; en novembro do ano pasado o alcalde, Manuel Ángel Leis, reuníase coa Delegada da Xunta, Belén do Campo, por este e outros temas; antes, en marzo e xuño do 2022, o tema xa fora levado ao Parlamento galego e en esas segue o concello.          

A deputada socialista Patricia Iglesias e o alcalde Ángel Leis acusan á Xunta de desatender as súas obrigas en materia sanitaria e piden a Rueda que actúe para que a veciñanza reciba atención en condicións axeitadas

Iglesias, visitou o Centro de Saúde de Negreira acompañada do alcalde, Ángel Leis, e do equipo de goberno local. Durante a visita, Iglesias denunciou o estado “lamentable” das instalacións e criticou a inacción da Xunta e do Sergas fronte a unha situación que cualificou de “inadmisible”.

“O que vemos doe”, afirmou a deputada socialista, facendo referencia a humidades nas paredes, espazos reducidos que impiden o acceso dunha padiola e deficiencias estruturais que comprometen a seguridade e a dignidade da atención sanitaria. “Todo isto sostido polo Concello, mentres a Xunta e o Sergas miran para outro lado”, lamentou.

Desde o PSdeG reclaman con urxencia a construción dun novo centro de saúde en Negreira que garanta unhas condicións axeitadas tanto para o persoal sanitario como para as e os pacientes. “A veciñanza merece un centro de saúde novo, digno e seguro, porque a saúde non pode depender da caridade”, subliñou Iglesias. “O Sergas, unha vez máis, invita pero non paga”, concluíu.

Post navigation

Previous: O alcalde de Padrón pasa un gasto de quilometraxe de 0,78 céntimos
Next: Chega unha nova edición de Arzúa Viva

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.