Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

Esixen apartar do concello de Padrón a un traballador condenado por acoso sexual

O BNG de Padrón pide que o alcalde se desculpe coa vítima por “protexer ao acosador”

Concello de PadrónDSC_1466 normal_r

Padrón, 16/06/2026 – En outubro do ano pasado contabamos o acoso que estaba a sufrir unha traballadora do concello de Padrón; a Marcha Mundial das Mulleres denunciaba entón que a vítima non estaba sendo protexida polo goberno local.

O goberno municipal alegaba que estando o tema nos xulgados non se podía abrir un novo expediente de acoso (xa existía un aberto pendente da resolución xudicial). Ao mesmo tempo, segundo a vítima, pese a estar separados fisicamente o acosador seguía acudindo ao posto de traballo dela.

Seis meses despois o acosador ven de ser condenado a seis meses de prisión. A sentenza considera acreditadas unha serie de condutas reiteradas de acoso. O BNG, que denunciara no pleno os feitos, cualifica de extrema gravidade esta sentenza xudicial.

Os nacionalistas engaden que a sentenza “pon fin ao relato de quen durante todo este tempo se escudou na presunción de inocencia para poñer en dúbida o testemuño da vítima e minimizar a gravidade dos feitos”.

 Desde o grupo municipal do BNG de Padrón sinalan que, tras o ditame da xustiza, xa non se trata dunha hipótese, senón dunha condena firme que impón unha condena de prisión, unha indemnización de 6.000 euros á afectada e a prohibición de achegarse ou comunicarse con ela durante ano e medio.

Desde o BNG “queren trasladarlle á vítima todo o seu apoio e o recoñecemento pola valentía demostrada ao longo de todo este proceso”. A formación lamenta que a traballadora tivese que afrontar esta situación sen a debida protección por parte do Concello de Padrón, institución que, a xuízo do BNG, non estivo á altura das circunstancias nin se situou de xeito claro ao lado da afectada desde o primeiro momento.

O grupo municipal sostén que o goberno local incumpriu a súa responsabilidade de garantir un entorno laboral seguro e libre de violencia de xénero, ao tempo que critica que a apertura do protocolo interno de acoso “sufriu demoras inxustificadas baixo escusas competenciais, un atraso que se repetiu tras unha segunda denuncia presentada hai ano e medio”.

O máis rechamante para o BNG é que, unha vez que se activou o citado protocolo, “as actuacións impulsadas desde o ámbito municipal estiveron máis orientadas a fiscalizar e someter a control a propia vítima que a ofrecerlle protección. Mentres a traballadora se vía exposta a unha vixilancia rigorosa e constante no seu posto, chegando a requirir autorización para cuestións rutineiras, a persoa denunciada puido continuar desenvolvendo a súa actividade con total normalidade, incluíndo flexibilidade horaria e liberdade de movementos polas distintas dependencias municipais”.

O BNG amosa unha especial preocupación pola actitude mantida polo alcalde de Padrón, Anxo Rei, quen “ante as reiteradas solicitudes de información e preguntas formuladas pola concelleira nacionalista Beatriz Rei insistiu de xeito sistemático en referirse aos feitos como un caso presunto, amosando unha falta de sensibilidade institucional ante unha problemática desta magnitude”.

Unha vez que existe un pronunciamento xudicial condenatorio, o BNG esixe ao goberno municipal unha rectificación pública inmediata que comece por pedir desculpas á traballadora polo trato recibido e pola falta de amparo institucional.

Os nacionalistas tamén demandan a adopción urxente de todas as medidas legais e administrativas oportunas para que esta persoa sexa apartada definitivamente do cadro de persoal, argumentando que unha administración pública non pode manter nas súas funcións a un empregado condenado por este tipo de delitos.

Con todo, desde o BNG de Padrón queren aproveitar este paso adiante para “facer un chamamento a todas as mulleres que poidan estar sufrindo calquera situación de acoso, animándoas a dar o paso de denunciar e romper o silencio, coa certeza de que non están soas e de que é imprescindible visibilizar estas condutas para defender o dereito de todas a vivir en plena liberdade, con dignidade e sen medo”.

Post navigation

Previous: Festival Atlántica de Narración Oral
Next: Problemas económicos no SAF de Santiago ?

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.