Padrón, 1 de agosto do 2018 – O Escravitude de Padrón organiza no campo do Doce a segunda edición do Torneo Vila de Padrón que enfrontará a SD Compostela co Pontevedra CF.
O Vila de Padrón naceu hai un ano e forma parte dos encontros de preparación que nas pretempadas afrontan todos os equipos. A cita será as sete da tarde e a entrada será de 8 euros, cinco para socios, e servirá para financiar ao Escravitude.
Para a SD Compostela este será o terceiro encontro de preparación e veñen de gañar nun triangular que os enfrontou ao Arosa SC e ao Coruxo FC. O adestrador Iago Iglesias espera contar con tódolos xogadores para este torneo.
O Pontevedra pola súa banda ven de gañar tamén a equipos como o Rápido de Bouzas ou o RC Celta B polo que parece estar preparado para o encontro co equipo de Santiago e demostrar que esta tempada será mellor que a anterior. O bo estado no que se atopan as dúas escuadras anticipa un encontro moi interesante entre dúas formacións ambiciosas e ven preparadas.