Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O persoal da Escola de Música de Santiago carga contra a empresa

compostela-licitacion-escola-de-musica-deserta-slide-22-maio-2018_r

O persoal mantén a negativa a celebrar o concerto de fin de curso previsto para este venres e culpa a ESPROADE, adxudicataria do servizo, por non sentarse a negociar.

As protestas na Escola de Música de Santiago continúan e a decisión de non realizar ningún evento máis ata conseguir, polo menos, unha mesa de negociación mantense. O concerto de este venres, habitual como fin de curso, non se celebrará e o persoal critica a actitude da empresa ESPROADE, adxudicataria do contrato.

Na última semana o persoal da escola recibiu o apoio da Xunta Directiva da Asociación de Alumnos e Nais e Pais de Alumnos A Tempo (AANPA A Tempo) da Escola. Nun comunicado expresan “o seu máis firme apoio ás xustas reivindicacións laborais e salariais do profesorado e do persoal de apoio da nosa Escola.”

A ANPA Atempo di tamén que “a calidade do ensino que ofrece a Escola é un reflexo directo da profesionalidade e vocación do seu equipo docente. Por iso, entendemos que unhas condicións laborais dignas e unha retribución xusta son imprescindibles para garantir a excelencia educativa e conservar un cadro profesional de alto nivel”.

Parón de actividades

Opersoal no seu último comunicado mantén a decisión de “non realizar ningún tipo de actividade fóra da nosa xornada laboral namentres a empresa adxudicataria do servizo, ESPROADE, non negocie e acepte as propostas de mellora nas condicións laborais que teñen enriba da mesa dende hai semanas”

A decisión inclúe a non participación en actos como o festival de fin de curso, cuxa realización, organización e execución recaen exclusivamente na empresa concesionaria que xestiona a escola. O festival previsto para este venres só coincide dentro da súa xornada laboral con tres docentes, dous deles directores de agrupacións, e cunha única persoa de apoio.

Os directores das outras nove agrupacións non participarán, ao atoparse fóra do seu horario laboral. Esta realidade compromete gravemente o desenvolvemento normal do concerto de fin de curso. A empresa comunicou que continuará ca realización do acto, pero non ofreceu ningunha información clara sobre quen asumirá a dirección das agrupacións, quen prestará apoio técnico nin como se desenvolverá o concerto.

No comunicado o persoal explica que “os traballadores non podemos dar resposta ás familias sobre o que ocorrerá, xa que, malia solicitar formalmente aclaracións dende o pasado venres 6 de xuño, non obtivemos contestación”.

Os traballadores “lamentan o impacto que está tendo a situación” e queren “agradecer enormemente ao alumnado e ás súas familias o apoio, a empatía e a compañía que nos teñen trasladado durante estes días. Sentímonos arroupados e comprendidos, e iso dálle sentido á nosa loita por unhas condicións laborais dignas que garantan tamén un servizo público de calidade”.

Finalmente din os traballadores da escola que “se o curso remata sen avances nin solucións claras, anunciamos xa que valoraremos iniciar todas as accións necesarias, incluída unha folga indefinida ao comezo do vindeiro curso escolar. Non deixaremos de defender a dignidade do noso traballo nin o futuro desta escola como proxecto público e de calidade”.

Post navigation

Previous: Boqueixón pon en marcha a nova EDAR de Sergude
Next: Máis recursos para a o CIM da Mancomunidade de Ordes

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.