Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Axenda
  • Xeral

Escola, cultura e territorio

O Consello da Cultura Galega asina un acordo coas Deputacións de Coruña e Lugo para impulsar a cultura no rural

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.

Compostela, 13/07/2026 – A Deputación da Coruña, a Deputación de Lugo e o Consello da Cultura Galega formalizaron un convenio de colaboración para desenvolver o proxecto “Escola, cultura e territorio”.

A iniciativa nace coa vontade de promover e visibilizar as experiencias culturais que se levan a cabo no ámbito rural. “Escola, cultura e territorio” estará regrado por un acordo asinado pola deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.

“Escola, cultura e territorio” nace na procura de entender a cultura como unha ferramenta clave para o fortalecemento da identidade colectiva, a construción de comunidade e a preservación da memoria.

Neste marco, o proxecto pretende favorecer o coñecemento, a posta en valor e o intercambio de iniciativas que conectan educación, cultura e territorio, contribuíndo ao dinamismo social e cultural das zonas rurais.

A proposta contará cun total de 6 actividades de formación e visibilización, que organizarán as tres entidades, e que comezan hoxe mesmo co Encontro de Boas Iniciativas Culturais que se celebrará no Pazo de Tor, en Monforte, coa participación dunha vintena de asociacións e profesionais da cultura organizado pola Deputación de Lugo.

Desde a Deputación da Coruña, promoveranse a final de ano unhas residencias de proxectos culturais no Pazo de Mariñán, e un programa centrado no traballo cultural coa mocidade na Costa da Morte. Pola súa banda, o Consello da Cultura ofrecerá un programa de formación en cultura para cargos públicos e unha iniciativa dixital para visibilizar proxectos culturais co enfoque de ‘Escola, cultura e territorio’.

A deputada de cultura destacou a importancia da colaboración institucional para impulsar políticas culturais que cheguen ao conxunto do territorio e reforcen o papel do rural como espazo de creación, participación e transmisión do patrimonio material e inmaterial.

De “Escola, cultura e territorio” Natividade González di “Trátase dunha iniciativa pioneira de colaboración institucional que evidencia o compromiso compartido das administracións coa cultura e co territorio. Non existen practicamente precedentes de cooperación entre dúas deputacións galegas para impulsar unha iniciativa cultural destas características, polo que este convenio supón un paso importante na suma de esforzos e recursos para desenvolver proxectos de interese común”.

A responsable de Cultura na Deputación de Lugo Iria Castro valorou a oportunidade “de traballar conxuntamente para fortalecer o ecosistema cultural galego desde o ámbito local, tendo en conta que cada institución atende   realidades demográficas e socioeconómicas diferentes. Nas comarcas de Lugo, cunha poboación dispersa e un territorio maioritariamente rural,  agroman proxectos moi interesantes dos que aprender”.

Pola súa banda a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, afirmou que este convenio é “un exemplo modélico de colaboración institucional para impulsar políticas culturais que cheguen a todo o conxunto do territorio e superar as asimetrías que existen entre o rural e o urbano, reforzando o papel do rural como un espazo activo, dinámico, de memoria”. Ademais, sinalou que permite “deseñar unha folla de ruta que xorde dunha convicción: a cultura é unha ferramenta de cohesión social”.

Post navigation

Previous: Festas do Santiaguiño en Padrón
Next: Ames prepara xa o Festival Emerxente

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.