Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Ordes
  • Xeral

A guerra dos eólicos continúa con varias batallas abertas

eolicos-manifestacion-slide-26-abril-2021_r

Bisbarra, 13 de decembro do 2024 – A batalla dos eólicos continúa e faino en varias frontes; a xudicial, a administrativa e nas protestas a pe de rúa.

Manifestación no 2021

Hai un mes a xustiza paralizaba 3 novos proxectos eólicos en Terra de Montes tal e como contamos en Lindeiros. ADEGA é o principal combatente con continúas campañas de recadación de fondos para presentar recursos xudiciais que, na maioría dos casos, son admitidos e provocan paralizacións.

Alegacións en Ordes polos eólicos de Monte Inxerio

Nos concellos son os gobernos municipais ou os grupos da oposición os que alertan dos problemas e presentan alegacións. Agora tócalle a quenda ao BNG de Ordes que advirte da proximidade ás vivendas, menos de 500 metros, do proxecto Monte Inxerio.

O BNG ordense ven de presentar unha serie de alegacións por este motivo. O fixeron o portavoz, Pablo Vidal, e o concelleiro Avelino Candal, contra a declaración de utilidade pública, cuxa resolución favorable abriría a posibilidade de expropiar os terreos precisos por parte da promotora.

Os nacionalistas sinalan que coa entrada en vigor do P.X.O.M. de Ordes, “modificáronse as delimitacións de solo de núcleo rural”, detectando “que o aeroxerador MI-06 atópase proxectado a menos de 500 m do núcleo rural de Meitufe (05.12_2)”. A este respecto Candal advirte que “estase a incumprir coa distancia mínima establecida pola lexislación vixente”.

Por outra banda, desde o BNG de Ordes sinalan que o proxecto reduciu o número de aeroxeradores “dos once inicialmente previstos, cunha capacidade de 3,465 MW cada un, a oito de 5,2 MW”. Para Pablo Vidal, portavoz da formación nacionalista, isto supón “unha modificación substancial da potencia nominal dos aeroxeradores,o que altera as características técnicas do parque eólico, polo que resulta preciso efectuar un novo informe acústico ao quedar invalidado o efectuado na declaración de impacto ambiental”. Neste sentido, Vidal considera que “ao incrementar a potencia e o tamaño das pás dos aeroxeradores, o novo informe de ruído podería derivar nunha modificación da posición formulada para os aeroxeradores, ou incluso unha nova declaración de impacto ambiental que podería incluso rematar sendo desfavorable”.

Protesta ante o Parlamento

Como dicíamos ao principio a loita segue tamén a pe de rúa. A coordinadora Eólicos asi NON concentrarase o vindeiro martes día 17, as cinco da tarde, fronte ao Parlamento de Galicia para protestar polo “constante acoso do PP sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica”.

Eólicos así NON elixiron esa data porque previsiblemente apróbese a nova lei de acompañamento dos orzamentos para 2025. A coordinadora considera que esta lei contén “unha batería de reformas legais coas que intentar fulminar calquera posibilidade de defensa das poboacións e comunidades afectadas e, por outro, burlar as disposicións xudiciais polas que ducias de proxectos eólicos se atopan paralizados cautelarmente”.

A Coordinadora Eólica Así Non acusa a Xunta de Galicia de utilizar os recursos públicos para exercer o que denomina “auténtica violencia institucional” contra as comunidades de veciños e veciñas afectadas polo espolio eólico, “ás que somete a un continuo acoso administrativo que se manifesta de varias formas: a través da sobresaturación de proxectos ou do empacho administrativo, da desregulamentación e xeración de inseguridade xurídica, do recorte dos dereitos de acceso á información e á xustiza, ou da difamación e criminalización da protesta social”. 

Post navigation

Previous: O Camiño a Fisterra e Muxía máis alá das fronteiras
Next: Músicas na Linde: Ailá (Tradimensional)

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.