Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Eólica así NON! volve á rúa

eolica asi non protesta slide 17 decembro 2025

Este martes a coordinadora Eólica así NON Concentrouse diante do Parlamento de Galicia para protestar polas reformas da lei que declaran compatibles os parques eólicos coa paisaxe.

A Coordinadora denunciou a “trapela lexislativa” que supón a Lei de Acompañamento aos Orzamentos, aprobada onte no Parlamento galego, e advertiu sobre “as novas ameazas que implica a anunciada Lei de Administración Ambiental Simplificada”.

Durante a concentración de Eólica así NON desenvolveuse unha acción simbólica para denunciar “a vontade do PP de ocultar aos ollos da cidadanía os evidentes impactos paisaxísticos e ambientais do actual modelo de desenvolvemento eólico”.

Os manifestantes denuncian tamén que se incorporan modificacións substanciais “sen debate público, sen transparencia e sen participación social, e que afectan directamente a protección da paisaxe e os dereitos das poboacións afectadas pola invasión eólica”.

Tal e como recolle o manifesto publicado por Eólica así NON, lido durante a concentración, os cambios na lei “dilúen o significado real da paisaxe e contravén o Convenio Europeo da Paisaxe, a lei galega da paisaxe de 2008 e as directrices de calidade paisaxística de Galiza, ao deixar sen protección espazos de alto valor ambiental”.

Engaden que “a ofensiva contra o territorio compleméntase coa presentación da Lei de Administración Ambiental Simplificada, unha nova lei depredadora que reduce a terra a unha mera cuestión administrativa, e que muda a protección ambiental pola súa simple administración”.

A través desta protesta, a Coordinadora Eólica Así Non quere “reafirmar que a paisaxe non é un elemento accesorio nin un obxecto administrativo, senón unha parte inseparable da identidade do pobo, da memoria, da natureza e das persoas que habitan o territorio” e insistiu en que, por moito que se modifiquen as leis, a cidadanía non renunciará a defender a súa terra e a súa paisaxe. “Non imos renunciar a ser nós”.

Post navigation

Previous: Economía circular co proxecto IndusSym
Next: Pompas e monicreques no “Escena pequena” de Boqueixón

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.